Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
DECISIÓN XUDICIAL

En liberdade con cargos o terceiro dos detidos pola protesta contra San Gil

O mozo, un alumno de Ciencias Políticas, terá que comparecer cada quince días no xulgado até que se celebre o xuízo.

Redacción - 17:30 18/02/2008
Tags:

O xulgado número 1 de Compostela deixou en liberdade con cargos a un estudante da USC que fora arrestado na mañá deste luns pola súa participación na protesta contra a presidenta do PP vasco. O mozo, que cursa estudos en Ciencias Políticas, presentouse na comisaría de Compostela acompañado por un avogado. O rapaz era un dos que estaban “pendentes de detención”. A diferenza dos outros dous detidos, Iago Barros e Sergio Pinheiro, o estudante detido este luns non pertence á organización estudantil Agir.

Segundo fontes policiais citadas por Europa Press, a investigación permanece aberta e non se descartan novas detencións, baseadas no informe do Decanato de Económicas. Neste documento identificábase a seis alumnos e unha alumna da USC (dous de Dereito, dous de Ciencias Políticas, un de Xornalismo, un de Económicas e outro de Historia).


5/5 (4 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: