"Non me despido de vostedes", escribe en Granma Fidel Castro, "desexo só combater coma un soldado das ideas".
"Traizoaría xa que logo a miña conciencia ocupar unha responsabilidade que require mobilidade e entrega total que non estou en condicións físicas de ofrecer", relata o até o de agora presidente cubano, "explícoo sen dramatismo". "Afortunadamente o noso proceso conta aínda con cadros da vella garda, xunto a outros que eran moi novos cando se iniciou a primeira etapa da Revolución. Algúns case nenos incorporáronse aos combatentes das montañas e despois, co seu heroísmo e as súas misións internacionalistas, encheron de gloria ao país. Contan coa autoridade e a experiencia para garantir a substitución. Dispón igualmente o noso proceso da xeración intermedia que aprendeu xunto a nós os elementos do complexo e case inaccesible arte de organizar e dirixir unha revolución", reflexiona Fidel Castro.
Engade o líder cubano na mesma carta publicada este martes polo diario Granma en internet: "nin aspirarei nin aceptarei, repito, nin aspirarei nin aceptarei, o cargo de presidente do Consello de Estado e Comandante en Xefe".
Finaliza a misiva indicando: "O camiño sempre será difícil e requirirá o esforzo intelixente de todos. Desconfío das sendas aparentemente fáciles da apoloxética, ou a autoflaxelación como antítese. Prepararse sempre para a peor das variantes. Ser tan prudentes no éxito como firmes na adversidade é un principio que non pode esquecerse. O adversario a derrotar é sumamente forte, pero mantivémolo baixo control durante medio século".
"Non me despido de vostedes. Desexo só combater como un soldado das ideas. Seguirei escribindo baixo o título Reflexións do compañeiro Fidel. Será un arma máis do arsenal coa cal se poderá contar. Talvez a miña voz se escoite. Serei coidadoso".
Poden ler aquí a mensaxe completa de Fidel Castro.
Fidel, como fixo sempre, sobrevivirá aos dictados coxunturais mediáticos do neoliberalismo.
A historia non só o absolveu senón que o elevou ata o posto máis alto entre os libertadores.
Un país pobre, embargado internacionalmente, e víctima de continuos ataques político-militares-mediáticos durante medio século, acada as porcentaxes de dereitos sociais máis elevados do continente.
O turno é agora para os continuadores.
Viva Cuba
Viva Fidel
Viva a Revolución
Fidel continuará a loita coas súas reflexións, sempre lúcidas; a revolución debe continuar e progresar, asumir os novos retos e adecuarse aos tempos pero sempre, sempre dentro do socialismo. Conta co apoio de países amigos, conta co apoio do socialismo mundial. Ninguén, nestes anos, desafiou cara a cara aos Americanos e mentres toda Europa asumía os mandatos ou calaba mesmo estando en desacordo, Cuba ergueu a voz da denuncia e da crítica. Haberá cousas en Cuba que mudar, como as hai en calquera país do mundo, pero a revolución e o socialismo teñen que ser invencíbeis.
Viva Cuba! Viva a Revolución!
Suponno que os dereitos sociais ós que te refires serán estos, non?: fusilados e condenados a morte por fusilamiento, presos políticos, detidos políticos, tratos crueles, inhumanos e degradantes, violacións á liberdade de movemento e ó dereito de
libre entrada e saída de Cuba, violacións ós dereitos dos traballadores, violacións á liberdade de pensamento,conciencia e relixión, violacións á liberdade de asociación,...tá ben.
Adiante os continuadores.
Independencia e socialismo!
Ata sempre comandante.
Para o chairego que, polo que semella, ten a vista moi longa e non mira sobre os pés que pisa:
http://blogs.publico.es/domini...
Sobre a nova: nada especial:
Y EN ESO SE FUE FIDEL
E por sorte para as xentes de Cuba, e para quenes saiban apreciar o seu labor, ainda está ahí para analisar e anticipar o futuro, como leva feito desde o primeiro día.
Saúde
fidel por lo menos tiene cojones a dejar el poder por motivos de salud;pero el asesino de franco firmo ordenes de fusilamiento,en su lecho de muerte.Ya echaran de menos a fidel los cubanos cuando lleguen los nuevos patronos de cuba,que no son otros que los yanquis
Oe xente, que Fidel deixa o cargo pero non morreu, eh! Que iso de ata sempre? Fidel segue e seguirá firme, seguirá sendo o facho de moitos pobos e aínda lle quedan moitas cousas que dicir, nesas análises que marcan a crítica máis maxistral ao capitalismo.
Por certo, o chairego moito sabe de represións... será que as mira moi cerca de onde vive, non? Compostela estudantes, Vigo sindicalistas... en fin.
A revolución cubana ten eivas, mais é un bo camiño do que os demais podemos aprender algo. A #5 chairego diríalle a ver se pode amosar eses fusilamentos, tratos crueles, etc. Aínda recordo esa supermanifa á que acudiron varias de CIU, eran elas e 4 pelagatos máis (e o dos pelagatos engádoo sen saber se nin sequera foron máis que elas).
Entre o que puido facer Fidel dentro do seu país para sobrevivir (é case imposible levantar un país con firmeza sen cometer ningunha inxustiza) e o sitio numantino a que lle someteu durante 50 anos os EE.UU de MorteaAmerica quédome sen dúbida con Fidel.
Viva Cuba Libre
(con Ron)
Seb dúbida a parte máis democrática de Cuba é a que pertence a EEUU, Guantánamo. Todo un exemplo da meirande "democracia" do mundo.
Seguiremos adelante
Como junto a tí seguimos
Y con fidel te decimos :
¡hasta siempre comandante!
No Guantánamo de Abu Ghraib ahí SÍ que hai dereitos humanos e democracia, eleccións libres, libertade de prensa e de manifestación, e de libre autodeterminación. Un paraíso para AI, pesoístas, e témome que máis nomenclaturas (por non seguir a sinalar): denuncia un día -sin ningunha acción contundente- e silencio todo o ano! (Hai Beltrán, cómo andas)
Mais os exemplos do que serían SI O CAPITALISMO ENTRASE EN CUBA téñenno ahí: El Salvador, Guatemala, Nicaragua, Ciudad de México, Caracas, Colombia...
Se Cuba é o paraiso, por que non vos ides a vivir para ali? O de embargo numantino, é de risa. Ata a desaparición da URSS, non se poderia falar de embargo, tiñan a todo o bloque sovietico. Despois da desintegración da URSS, moitos paises, entre os que se atopa España mantiveron relacións comerciais con Cuba. So como exemplo os complexos hoteleiros de empresas Españolas. Incluso USA comerciou con eles, vendendolle alimentos. As hemerotecas están ahi. O que si é certo e a represión que sufren aqueles que teñen outras ideas. Por que non pode haber distintos partidos políticos que teñan outro modelo de estado? Por que son ilegais todolos partidos da oposición? Por que os cidadans cubanos teñen restrinxidos as saidas da illa a paises estranxeiros?
xohan:porque la america latina que esta bajo el yugo yanqui,mueren niños de hambre?porque es una de las zonas mas deprimidas del mundo? porque a los yanquis no le tiemblan las manos en invadir un pais con cualquier excusa para robar sus riquezas (lease petroleo).Porque los niños yanquis entran en sus colegios con armas y asesinan a sus compañeros y a quien pillen?.Sabias que en cuba la sanidad era gratuita y una de las mejores del mundo?sabias que la educacion es gratuita para niños y niñas en plena igualdad?sabias que cuando entro fidel los cubanos eran analfabetos en un 90% y despues de una decada era uno de los paises con menos analfabetismo del mundo?etc,etc.....Que hay fallos? por supuesto,que pais es perfecto? que tienen gente en la carcel? por supuesto,cuando gente tiene intenciones de matar al lider de un pais,donde esta? en la carcel o en la calle? donde estan los que intentaron atentar contra el rey de españa? de paseo?.Y como bien sabras intentaron matar a fidel muchas veces y con grandes intentos por parte de la cia y sus secuaces de la disidencia cubana mayoritariamente de extrema derecha.
Por más que la izquierda no quiera verlo y utilice todo tipo de fórmulas, no estamos hablando ni de un comandante, ni de un presidente, ni de un líder...hablamos, señores, de un DICTADOR, de un TIRANO, con todas las letras.
Curioso que esta izquierda tan sectaria se encabronen cuando algunos llaman "general Franco" o "general Pinochet" a los dictadores de derechas, pero que sin embargo sea partidaria de hablar del "comandante Castro" o del "líder de la revolución cubana", dándole un aire democrático a lo que no es más una cruel dictadura bananera.
Banda de sectarios...
Anda por aí,
Tirano coma ti !
Acebes con Coca,
nunca máis.
¿É que ninguén aquí se decata de que este home é un dictador?
Desexémoslle aos cubanos que acaden unha vida en democracia e liberdade máis acorde cos tempos da historia nos que estamos.
¿Hai alguén aquí que prefira a situación da Cuba actual antes ca da Galicia actual? Penso que por aquí se bota moito a lingua a pacer...
¿Acadar unha vida en democracia e liberdade? Se marchando Fidel é posible, benvida sexa. O malo é que non vai ser así.
Aí está toda a carroña en Miami agardando que morra pra facer unha festa. Aí están os ianquis, que o quixeron derrubar durante moitos anos e non foron quen.
Lles guste ou non, chámenlle dictador ou como lles apeteza, Fidel resistiu contra todo, liberou Cuba de continuar sendo o prostíbulo personal dos xerifaltes e da calaña estadounidense, e por se aínda non se deron conta... a xente en Cuba é FIDELISTA!
PATRIA OU MORTE! VENCEREMOS!
Fanatismo e voluntarismo e unha boa dose de culto á personalidade. Ningún destes valores son socialistas. E se algunhas persoas creno, poden seguir créndoo.
Fidel é un home histórico, con virtudes políticas innegables e unha capacidade política digna de ser recoñecida. Dicir que Castro non tivo logros importantes en Cuba é ser mezquino, pero endiosar unha xestión con argumentos fantásticos é estar de costas á realidade.
É incrible que en pleno século XXI existan persoas que utilicen o argumento do bloqueo e o imperialismo para xustificar todo. Señores, A Cuba entra Raimundo e todo o mundo. A condición de que leve divisas, É vergoñoso como o pobo Cubano ten que ver como os turistas poden acceder a hoteis, discotecas e tendas, mentres que eles teñen que facer colas interminables para conseguir o elemental para sobrevivir.
No estreito da Florida fai máis de 40 anos que non hai unha flota imperialista que limite o ingreso de barcos a Cuba. O único que se pode ver, é de cando en vez un grupo de desquiciados montados en improvisados “barcos” en busca dun pouco de liberdade.
Cuba pode comprar o que queira ao resto do mundo fóra de Estados Unidos. De tal xeito que pode facer como calquera fillo de veciño e comprar onde lle dá a gana.
Por décadas a economía cubana foi subsidiada pola Unión Soviética, de tal xeito que a loita co imperio hai que matizala moi ben, e interpretala dentro dunha geopolítica das grandes potencias.
Fidel e Francisco Franco teñen algunhas cousas en común, e non precisamente que os seus nomes empecen por F ou que teñan sangue Galega en súas veas. Existirán persoas que os defendan, pero ambos teñen ás súas costas unha cantidade de mortos dos cales son responsables directa ou indirectamente. E enténdase, outros dirixentes “supostamente máis honorables” tamén os teñen. Pero Franco e Fidel teñen como signo común a INTOLERANCIA e o afán desmedido polo poder. Son adictos ao poder e se nalgún momento tiveron boas intencións estas víronse manchadas ou distorsionadas por ese afán desmedido de impor as súas ideas.
Moitos defenden a Fidel por ser “SOCIALISTA” e eu pregúntome, Non é o Socialismo o goberno do pobo? Se Franco declarouse socialista como o fixo outro militar golpista e asasino como Chávez seria digno do aprecio popular. É que o socialismo é unha sorte de indulxencia plenaria? Non Cabaleiros, O Socialismo é o anónimo poder do pobo. Dubiden do socialista que ama as cámaras e as primeiras planas dos xornais.
Fidel retírase. Merece o descanso do guerreo, con respecto pero non esquecendo que ten que pasar o tempo para poder analizar o seu legado. Poranse nunha balanza os seus logros e desacertos e seguro que o destino absolverao polo bo que fixo xa que o malo só serve para non repetilo.
Un home grande, rexo, revolucionario!
E con apelidos galegos; e segue aí.
Que sexa por moitos anos!
Un home, xa vello, de oitenta e tantos anos, moi enfermo, que vive nun país do terceiro mundo, un pais pequeno en territorio, en demografía, con unha economía que carece de toda influencia ou repercusión na economía mundial, un país que case podemos clasificalo de “insignificante desde o punto de vista de dos grandes números”.
Este home escribe unha carta que se publica nun periódico do seu país, que seguramente naide le, e... inmediatamente, aparece encabezando todas as primeiras planas da prensa mundial, traducida a todos os idiomas, a nova mais importante en todos os noticieiros, desprazando calquera outra noticia, en todos os medios escritos, electrónicos, radio, televisión,...
¿que carallo ten ese home vello e enfermo, e “trasnoitado” según algúns, para chamar tanto a atención? ¿por que carallo se lle presta tanta atención a ese “insignificante” país, sendo que no mundo hai moitos outros en peores e mellores circunstancias e case nin sabemos deles?