Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
DATOS DE 2006

Cen mil alumnos menos de relixión católica

Pola contra aumentaron os que escolleron a alternativa de 'estudo' (cincuenta mil máis) e os que elixiron relixión islámica.

Redacción - 19:21 19/02/2008

No ano 2006 descenderon os alumnos de relixión católica no Estado un 2,7%, pasando de 3.244.320 estudantes até os 3.155.683 (88.637 menos). Pola contra, os alumnos inscritos na materia de relixión islámica pasaron de 9.733 no mesmo período, a acadar a cifra de 10.735 (1.002 máis).

Tamén aumentan os estudantes que cursaron a "Actividade de Estudo" como alternativa ao ensino relixioso, pasando de 1.344.622 alumnos a 1.392.973, un 3,5 por cento máis (48.351 novos estudantes). Os datos foron difundidos este martes polo Ministerio español de Educación.


4.29/5 (7 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: