Vieiros

No lombo do Atlántico
Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Independencia de Cosova

É a quenda de cataláns, vascos e galegos, di o ex presidente de Italia

Pide que se lles recoñeza o dereito de autodeterminación e reclámalles a EUA e a Europa que presionen ao goberno español.

Redacción - 19:07 19/02/2008
Francesco Cossiga presidiu a República de Italia, entre 1985 e 1992

Francesco Cossiga presidiu a República de Italia, entre 1985 e 1992

O ex presidente de Italia, Francesco Cossiga, afirmou este luns que a Unión Europea e os Estados Unidos deben facer presión ao goberno español para que desista de reprimir as nacións catalá, vasca e galega lles recoñeza o seu dereito de autodeterminación, segundo informa a axencia de noticias italiana AGI.

Segundo Cossiga, o Estado Español está a adoptar unha actitude "franquista" cara aos militantes independentistas vascos, cataláns e galegos. Cossiga fixo estas declaracións tras o recoñecemento internacional da independencia de Cosova por un importante número de estados, entre os que non está o español.

"Tras o amplo recoñecemento do novo estado de Cosova, nacido dunha declaración unilateral de independencia, agardo que os países europeos e os Estados Unidos fagan presión sobre o goberno de Madrid (nesta materia son o mesmo Aznar e Zapatero, e o Partido Socialista e o Partido Popular!) para que desista da represión policial e xudicial de tipo franquista contra os militantes das tres minorías do Estado español e para que se lles recoñeza a estes pobos o seu dereito de autodeterminación", expuxo.


4,87/5 (60 votos)

Comentarios (22)

mercedes #1 19/Febreiro/2008 mercedes

¿Haberá que chegar á idade de Cossiga para ousar dicir a verdade?

Tavia #2 19/Febreiro/2008 Tavia

Que tenha cuidado o Cossiga com alguns nacionalistas galegos, e, que viva a Idependência!!!

Atlantico #3 19/Febreiro/2008 Atlantico

Na prensa do seu pais din que mandou unha carta a Ibarretxe e Montilla, A Touriño ou Quintana non lle mandou nada? só por saber.

Esto tería que facernos pensar na necesidade de ir trabando relacións institucionais con outros paises, ter aliados, como fixo Placido Castro antes da Guerra Civil.

pampeiro #4 19/Febreiro/2008 pampeiro

Estóu cento por cento dacordo con vostede signore Cossiga.Independenza para a Galiza xa !!!

Gaviotero #5 19/Febreiro/2008 Gaviotero

¡¡¡JAJAJAJA!!! Este Cossiga...lo que hace la edad y su origen sardo. Que se preocupe de limpiar su imagen corrupta en la política italiana y que nos deje a los demás tranquilos...

Lead_bocas #6 19/Febreiro/2008 Lead_bocas

Acho que hai ultranacionalistas e separatistas moi españois como o Senador Vitalicio que están moito máis gagás que o sardo e din moitas mais tonterías, ademais de non seren escollidos polo pobo senón por Touriño e Quintana. O certo é que manda truco a que montaron Clinton e Felipe bombardeando civís e destruíndo a Yugoeslavia.

ca_tu_xa #7 19/Febreiro/2008 ca_tu_xa

moi espelida anda a "democracia cristiana" italiana!!!

laurinha #8 19/Febreiro/2008 laurinha

Os espanhóis som os sérvios ibéwricos e o ragói Milosevic.

A Galiza nunca foi espanha, estarmos neste estado cárcere é contra o direito internacional e a democracia.

Só aguardo que para que no estado espanhol trunfe a democracia e a liberdade nom seja necessário o bombardemaneto da NATO aos espanhóis.

Albert #9 19/Febreiro/2008 Albert

O_O Ultimamente as reaccións internacionais cara o recoñecemento da realidade do estado español, creo que xa hai máis indeendintas galegos fóra da Galiza que dentro, desgraciadamente. O BNG debería reflexionar, e se cadra facer algunha asemblea na que os militantes decidan se queren a independencia ou o estado federal, que coido que é máis difícil que a propia independencia, habida causa de que ejpaña ten que aceptalo.

piorno #10 19/Febreiro/2008 piorno

Há mais declarações do senador vitalício Francesco Cossiga, publicadas dias atrás num artigo do jornal Libero e citadas, por exemplo, aqui:

http://www.mariosechi.net/2008...

Veja-se:

«Se continua a repressom política do governo de Madrid sobre as províncias bascas, sobre a Catalunha e sobre a Galiza, será inevitável reconhecer àqueles povos o direito de autodeterminaçom. E assim nom se compreende porque a Transilvânia nom poderia dever escolher de se reintegrar na Hungria.»

Francesco Cossiga, artigo no jornal Libero

Gaias #11 20/Febreiro/2008 Gaias

Eu quero a este home coma presidente da Xunta.
Este e o unico politico que ademais foi capaz de decir que:

Francesco Cossiga (ex presidente italiano): "La CIA y el Mossad hicieron el 11-S"

http://www.atinachile.cl/conte...

Inxel #12 20/Febreiro/2008 Inxel

Para os pobos aletargados calquer instante é bo para acordar.

xoselado #13 20/Febreiro/2008 xoselado

Como esté de garda o Sr Garzón vaiche abrir dilixencias.Moito coidado co que se di!

Maeloc-do-Rouco #14 20/Febreiro/2008 Maeloc-do-Rouco

Que saberas de Cossiga Gaviotero?? Rebate os seus arguementos com respecto, ideias sensatas e asisadas e DESISTE de incidir na IGNORRANCIA na que te moves...Donde tiras a suposta imagem "corrupta" de Cossiga na politica italiana se e precissamente um dos politicos milhor valorados pola sua afouteza e pola sua defesa da liberdade de expressom, mesmo demitiu (!!!) do seu cargo de senador vitalicio (que lhe corresponderia como antigo presidente) por decissom pessoal e por desacordo com esta castre de tratamentos...Desde logo que a IGNORRANCIA gavioteril nom conhece lindeiros...A falha de educazom e respecto as legitimas opinmions e posicionamentos cos que ele nom concorda define-no como o que e...um anti-Cossiga, um inimigo da liberdade de expressom, do direito a disentir...Ja sabemos quem e este Pavia de marras, este Millan Astray do seculo XXI, este Alonso Vega civil, este Arias Navarro di Vigu

Xistral #15 20/Febreiro/2008 Xistral

Simplemente, a política como diría Maquiavelo, está moi lonxe do que debería ser. O gran autor italiano dáse conta perfectamente de que é moi diferente o desexo da realidade. E isto serve para uns e para outros: para nós, que temos que darnos conta de que non van regalarnos nada, pero para eles tamén lles serve para darse conta de que cando chega a hora da verdade non hai nada que se poda facer para voltar atrás. España perdeu todo o seu imperio entre outras cousas por loitar contra a Reforma protestante, por falta de tolerancia, unha loita estéril e perdida de antemán, a partir do século XVII empezou o declive imparable. E agora pasaralle o mesmo; incluso é moito mellor que Rajoy e os seus secuaces se radicalicen máis e gañen, para todos os pobos chega un momento en que xa non aguantan máis os maltratos e ese é o caso de Kosovo, unha zona que tiña unha ampla autonomía, na que se respectaba a súa lingua totalmente (con Tito en Iugoeslavia) e non tiñan as máis mínimas arelas independentistas, pero Milosevic e o nacionalismo centralista serbio quitáronlle todos eses dereitos e incluso tiñan WC para kosovares, autobuses para kosovares, é dicir, unha especie de apartheid e a partir de aí era cuestión de tempo. España ten medo, moito medo porque unha vez que se establece algo é insostible que se aplique nuns casos si e noutros non. Medo Gaviotero, medo do ditador derrotado, miseria mental...

DanielErreCe #16 20/Febreiro/2008 DanielErreCe

Aínda que as declaracións de Cossiga me produzan simpatía, o que máis desconfianza me produce é que non se aplique o mesmo argumento para Italia e os independentistas da Liga Norte.

Parabéns a Xistral polas súas reflexións. Subscríboas enteiramente. Alemaña e os USA fixeron o posíbel para que a Iugoslavia esmorecese, pero Serbia non ficou atrás. A súa práctica política fascista e xenocida contra as outras nacións que compoñían a federación iugoslava non podía conducir cara a outro resultado que o actual.

Gaviotero #17 20/Febreiro/2008 Gaviotero

Por vuestros propios comentarios resulta evidente que este político corrupto está ga-gá...Más aún que Paquito Rodríguez...

Maeloc-do-Rouco #18 21/Febreiro/2008 Maeloc-do-Rouco

Como o Sr Gaviotero re-incide na mintira sem pudor nengum coa suposta corrupcom do Cossiga que o ultradireitista viguesh seica leva moito "documentada" des o seu gabinete de Vigu (Eshpanhia)nom deixa mais remedio:

Non alimentedes aos trolls¡¡¡

A todos os que responden a Gaviotero (including myself), lede esta ligacom:

http://brenlla.blogaliza.org/n....

Ós administradores:
Esta mensaxe nom é un insulto, troll é umha definicóm dumha conduta estudada de certos usuarios na Internet.

Maeloc-do-Rouco #19 21/Febreiro/2008 Maeloc-do-Rouco

Erre que erre: A Liga Norte fala dum conceito artificial (a Padania) que nem ter conssitenza historica nem cultural nem politica...Trata-se dos interesses do Norte rico fronte ao Sul pobre...E dum egoismo abafante...Qualquer comparanza cumha situazom de minorias nacionais nomseria aplicabel ao separatismo da Liga Norte...Outra coussa e se falaramos de Sardenha, do
Friuli ou mesmo Sicilia...mais Italia como nazom nova tem um nidio conceito nacional de sim propria...A unificazom Italiana no XIX e logo a Republica apos a II Guerra Mundial xurdiu cumha grande rexouba e involvemento popular

DanielErreCe #20 21/Febreiro/2008 DanielErreCe

Non concordo con Maeloc:

as nacións non se definen unicamente pola súa historia,os seus caracteres étnicos ou lingüísticos. As nacións son tamén porque queren e poden ser (viabilidade econñomica) se así o decide a súa cidadanía (viabilidade política). O que non quita que en Italia poidan darse outras realidades nacionais, entre eleas a do Norte rico, como ti dis. (Diso tamén se lle acusa a Cataluña, de querer separarse porque é máis rica que o resto de comunidades). Velaí dúas varas de medir tamén entre algúns independetistas, os ricos (malos malísimos) son separatistas, os bos, seica pobres, son iso: independentistas. Se puxen o exemplo da Liga Norte é pola súa transcendencia electoral e mediática, pois os as realidades "históricas" apenas hai repercusión política no presente.
Insisto, Cossiga fai un bo exercicio co cal concordo, pero un pouco de mirada introspectiva e humilde nunca está demais. Por certo, en Europa hai máis países que poderían ter problemas parecidos ao Estado español, só que quizás as súas estratexias centralistas foron más acordes aos seus tempos (exemplo de Francia e a súa república que tamén tivo grande "rexoubo" e apoio popular ao compás da MArsellesa).

Maeloc-do-Rouco #21 22/Febreiro/2008 Maeloc-do-Rouco

A ver se me explico...O conceito separtista da Liga Norte tem mais apoio como autonomismo "economico" que como independentismo "real"...Cidades como Milano, Torino, Florencia ou Venezia (cidades "padanas") nom tenhem no mais minimo conciencia "nacional" padana, simplesmente porque nom existe tal cousa. Xaora que poideram dar-se elementos que coesionem isso mais nom existem polo de agora alem desse elemento economico que so atinge a umha minoria que porem seria a primeira em colher a bandeira italiana e o seu hino e reverencia-lo como de facto assim acontece. Milhor nom confundir um partido e os seus postulados (pra nada separatistas) com um eleitorado (ainda menos). E isso qualquer que vivesse, conhezesse e falasse com italian@s do Norte e do Sul sabe-o, entre outas coussas porque a Historia de Italia (especialmente da sua unificazom) nom tem nada a ver coa da peninsula celtiberica...Que Catalunha seja mais rica e um factor relevante desde o ponto de vista dum processo de toma de consciencia e da importancia da sua burguessia (catalano-falante e pouidora dumha cosciencia nacional distinta da castelhano-espanhola) no xermolo e desenvolvimento da construcom nacional catalana no XIX (ao igual que na maioria dos paises europeus incluida Italia)...Sinceramente "haberia" mais probabilidade de separatismo em Italia em Sardenha, Friuli ou Sicilia que na "Padania" onde o que se manexa e um conceito diametralmente oposto ao separatismo ou ao nacionalismo classico (que implicaria umha consciencia nacional diferente da italiana ou o xermolo de-la, algo que nom se da por ningures nem sequera entre os proprios seareiros de Umberto Bossi)... Concordo mais no que diz a respeito de Franza, ainda que des a Revoluzom francessa e a implantazom e imposizom da lingua francesa e da "vergonha" ao longo do XIX e XX co seu esmagante centralismo e estigmatizazom do "provinciano" a reivindicazom nacional fica afeblezida de mais tanto na Catalunha Nord ou em Iparralde como (em menor mesura) em Corcega, Occitania ou Bretanha...Saudos

ecoe #22 22/Febreiro/2008 ecoe

O "independentismo" provocado, como Kosova ou a Padania da Liga Norte nada ten a ver con AUTODETERMINACIÍN E INDEPENDENCIA. Serán en calquera caso países títeres do Imperialismo, esto é, como o €$tado €$pañol, INTERVENIDOS POLO IMPERIO.

E o asunto padanés ten directamente que ver ca dominación política da dereita extrema de Fini e Liga Norte, que á sua vez, controla os medios e o "pensamento social maioritario": trátase de unha intención sin base no pasado nin no presente. Un simple dominio para un "duque" desnortado ou como decía Italo Calvino Un barón demediado (contra o conde rampante)

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: