Cataluña investiu 11,5 millóns de euros no evento celebrado na cidade alemana, onde foi o país convidado o pasado ano.
Josep Bargalló, responsábel da promoción exterior da cultura catalana, presentou a pasada semana o balance económico da participación catalana na Feira do Libro de Fráncfort, onde foi o país convidado, do mesmo xeito que Galiza éo na Habana. En total, Cataluña gastou 11,5 millóns de euros, uha cifra máis de dez veces superior á que está a investir a Xunta en Cuba, cifrada este martes por Ánxela Bugallo en "ao redor dun millón de euros".
A Consellaría de Cultura anunciou que presentará o balance final da participación de Galiza na feira, unha das máis importantes de Latinoamérica, xunto coas de Guadalaxara e Bós Aires, despois do día 24, cando se clausure o evento. No parlamento catalán Bargalló recibiu o apoio de todos os grupos, agás de PP e Ciutadans, que criticaron a ausencia de autores en castelán, mais non o aspecto económico.
A presentación do balance da participación de Cataluña en Fráncfort coincide coa polémica xerada en Galiza polo Partido Popular, que está a criticar con dureza o investimento realizado pola Consellaría de Cultura para apoiar a participación galega na Feira Internacional do Libro da Habana. Porén, o gasto que realizará a Xunta é moi inferior ao que tivo a Generalitat en Fráncfort, e obviamente aparece debidamente consignado nos orzamentos para este exercicio, na partida de proxección internacional. Como referencia, o Instituto Cervantes inviste cada ano case cen millóns de euros en defender a cultura española no exterior.
As críticas do PP coinciden coa polémica xerada polo cheque de trinta mil euros da Deputación de Pontevedra, entregado por Núñez Feijoo no Centro Galego de México.
sexamos claros, e sobre todo non cometamos os erros da dereita de rexeitar o debate e á crítica. o tema da feira do libro da habana é un escándolo, sic. ESCÁNDALO. non porque a produción literaria galega non mereza nin deba externalizarse e viaxar polo mundo, senón porque é impresentable que a día de hoxe os galeg@s non saibamos exactamente canto e como se gastou a consellería de cultura os cartos públicos no desembarco habanero (absolutamente desproporcionado e populista como o do himno galego no seu día). E o que é máis importante, que carallo reportou (e non falo de cartos soamente) para a industria cultural chamada literatura. A partires de aí pensemos, se isto o fixera Fraga no seu día, non dubidaríamos e ir sobrados de adxetivos sobre o tema. Eu que me manexo no mundo audiovisual levo ás costas con resignación mariana o estigma do chupóctero de turno que pilla cartos públicos para facer pallas mentais q ninguén ve, ok,...pois ben, se isto non é malversar fondos nun alarde estúpido e rancio de aparataxe oficial ó servizo de causas pobres ( e non o digo precisamente por Cuba, q merece todo e máis) que veña Rodolfo chiquilicuatre e o convirta en canción protesta....en fin...
esta ben que se defenda os amigos, pero hai cousas que son indefendibles. comparar a feria de Frankfurt coa da Habana e como comoparar xogar no Bernabeu e o campo da Lomba. De tdolos xeitos non me salen as contas. Con datos de propia Consellería se menifesta qie se levaron 400.000 libros para regalar, facede a multplicación.
Non se poden pechar os ollos a realidade. O desembarco na illa foi unha autentica paletada, colonialismo nacianalista galego. Que a Conselleira non se esconda e facilite o dispendio, como veeñen exisindo noutors eidos as distintas Concellerías do B.N.G que ven o cuidadano como un estafador en potencia.
Y los libros de uno y otro lado se leerán igual de poco. Al fin y al cabo no son actos de promoción de las culturas gallega y catalanas, sino simplemente actos de exaltación nacionalista de los estómagos agradecidos de siempre...
O problema non é necesariamente canto se gasta. Senón para que serve a feira do libro da Habana. O libro é unha das primixenias formas de liberdade de expresión. Por séculos o escrito no papel foi tan poderoso e tan determinante que moitas persoas morreron por plasmar nun texto unha forma de pensar que desgusto ao poder establecido.
A Feira do libro da Habana esta empanhada polo simple feito que nese fermoso e gran país non reina a liberdade de expresión. É máis, hai presos e perseguidos por expor as súas ideas.
A Feira do Libro da Habana, é unha creación teatral máis, baixo a cal perséguese reunir a persoas con intereses comúns e do mesmo xeito que outros congresos, cumes, etc. Só serve para definir liñas de traballo en distintos tópicos ou simplemente crear matrices de opinión a nivel mundial.
É incrible ver sempre as mesmas caras de intelectuais que despois que asisten a un destes congresos, feiras, etc. Repiten como autómatas liñas políticas sen o menor sentido crítico.
Polo tanto, o importante non é o que se gasta. Se o diñeiro da nación galega é utilizado para apoiar unha actividade literararia cuxo horizonte non é a liberdade de pensamento. Simplemente é unha estafa agravada ao noso pobo e ao seu sentimento de nación libre e respectuosa das ideas.
Há que ter em conta que Cuba para Galiza não é o mesmo que Alemanha para Catalunha. A grande ilha do Caribe é uma referencia cultural e histórica sem comparação para o galeguismo e, em geral, para esquerda e os movimentos sociais e democráticos, independentemente das filiações partidárias. Cuba ardeu sempre na memoria do nossos pais e avós como uma lapa inextinguível desde a independência. Reduzi-lo tudo a uma polémica economicista ou de carácter crematístico, à parte de míope, é mesquinho e indigno. Os nossos devanceiros lá encontraram um refúgio quando escapavam da fome e da miséria, das guerras coloniais e civis, e da persecução do fascismo. Não reparar na profunda identidade de ambos povos, desprezar o carinho com que sempre somos tratados na ilha e não escutar o apelo dum irmão de sangue é próprio de pessoas ignóbeis e ingratos. Ou e que só vamos ser amigos dos ricos, agora que nós também o somos?