Open Vieiros

Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Oferta Pública de Emprego

A Consellaría de Educación convocará máis de 2.000 prazas para este ano

Ao corpo de mestres 928 prazas; ao de secundaria, 932; ao de docentes técnicos de FP, 84; a Escolas Oficiais de Idiomas, 29; e a Músicas e Artes Escénicas, 35.

Redacción - 17:49 20/02/2008
Por vez primeira haberá 396 prazas na especialidade de Primaria

Por vez primeira haberá 396 prazas na especialidade de Primaria

A Consellería de Educación vai convocar un total de 2.008 prazas de 57 especialidades na Oferta Pública de Emprego (OPE) de 2008, segundo informou esta cuarta feira a conselleira, Laura Sánchez Piñón, tras a reunión da mesa sectorial cos sindicatos.

Destas, 928 prazas corresponden ao corpo de mestres, 932 ao de profesores de secundaria, 84 ao de docentes técnicos de Formación Profesional, 29 a Escolas Oficiais de Idiomas e 35 a Músicas e Artes Escénicas.

Como unha das principais novidades na OPE de 2008, Sánchez Piñón apuntou a convocatoria de 396 prazas na especialidade de Educación Primaria dentro do corpo de mestres, ás que se suman 64 de Audición e Linguaxe, 99 de Pedagoxía Terapéutica, 41 de Música, 39 de Educación Física, 184 de Educación Infantil e 105 de Inglés (mais ningunha de Francés).

No corpo de profesores de Secundaria, o maior número de prazas convócase en Lingua Castelá e Literatura e Xeografía e Historia, con 90 postos; seguidos de Matemáticas, con 85; Inglés, 78; Francés, 76; e 71 para Lingua Galega e Literatura.
Para profesores técnicos de FP, o maior número de prazas corresponde, cun total de 11, á especialidade de Sistemas e Aplicacións Informáticas; seguida de Instalacións Electrotécnicas e Mantemento de Vehículos, con 10 postos en cada caso.

As 29 prazas para as Escolas Oficiais de Idiomas distribúense en 17 para inglés, 7 para Italiano e 5 para Portugués. Pola súa parte, das 35 para Música e Artes Escénicas, o maior número corresponde á especialidade de Piano, con sete prazas; seguida de Percusión e Linguaxe Musical, con seis en cada caso.

Valoración da conselleira
A titular de Educación valorou moi positivamente a OPE e salientou que é a segunda "máis importante" en cifras despois da de 2007 (3.125 prazas). Neste senso, subliñou que, coas 686 ofrecidas en 2006, en tres anos a Administración educativa convocou 5.819 postos.

Preguntada pola orde de convocatoria, a conselleira puntualizou que será discutida cos sindicatos en mesa sectorial (o vindeiro luns), tendo en conta o Real Decreto do Estado que marca as condicións de acceso e ingreso.

"Sen información previa", critica a CIG

Ao respecto da mesa sectorial, a CIG-Ensino criticou que na que tivo lugar esta mesma cuarta feira, "a Consellaría de Educación non nos achegou con antelación a proposta de OPE", polo que se lle impediu "facer unha valoración demorada e propostas con coñecemento suficiente".

Ademais, recoñecen que para a vindeira mesa "non se percibe unha vontade de abordar cuestións centrais senón só de matiz e secundarias". No entanto, valoran positivamente o número de prazas ofertadas "aínda que lembramos que o sistema educativo galego precisa dun esforzo maior", e salientan que por vez primeira se convoquen oposicións á especialidade de Primaria.


Documentos

2,8/5 (5 votos)


Comentarios (14)

mceleiro #1 20/Febreiro/2008 mceleiro

Uma pergunta, exigirá-se-lhes o domínio do galego ou seguirá a política de castelhanização dos alunos?

mercedes #2 20/Febreiro/2008 mercedes

O ano pasado formei parte dun tribunal de oposicións de secundaria, aínda que aleguei todo tipo de causas para evitalo. Fixemolo o mellor que poidemos contra unhas normas absurdas, erráticas e antipedagóxicas, repugnando duns criterios cara aos interinos absolutamente inxustos para os opositores "libres".
Teño a esperanza de librar este ano (xa cumplín), pero moito temo que se repitan as eivas anteriores, que só van en detrimento da equidade e da calidade do ensino público.

Gaviotero #3 20/Febreiro/2008 Gaviotero

Unos compran los votos por 400 euros y los otros organizan convocatorias masivas en plena efervescencia electoral. Y luego hablan de caciques...

Gaviotero #4 20/Febreiro/2008 Gaviotero

Por cierto, mceleiro, ¿qué propones con los que no acrediten el dominio del gallego? ¿gasearlos?

sozinho #5 20/Febreiro/2008 sozinho

#2 Dende logo que se repetirán, sempre fan falta estómagos agradecidos aos partidos. O PSdG ten que atraer moitos simpatizantes en Galicia para chegar a maioría absoluta. A min xa me demostraron todo o que tiñan que demostrar, como non cambien de táctica populista, prefiro que gañe o PP e force a renovación do partido.

sozinho #6 21/Febreiro/2008 sozinho

As cacicadas pre-liberais seguen a abafar Galicia, mais o teórico partdido liberla, o PP, semella un antigo partido monárquico e tradicionalista, así que pasamos dun nepotismo local (concellos do PP) a unha cooptación institucionalizada (Bipartito). Todo polo triunfo dos mediocres!

arzaya #7 21/Febreiro/2008 arzaya

Los que no acrediten el dominio del gallego donde haga falta acreditarlo no pasarán las pruebas, ya se si hace falta es que es necesario saber gallego (al igual que castellano). Que parte no entiendes Javiotero?

arzaya #8 21/Febreiro/2008 arzaya

Gasealos non. Iso fixerono os aliados dos franquismo nacionalista español. Os que pedían a oficialidade do galego no 36 foron fusilados. Vai pedir Galicia Bilingue igualdade de trato?

Gaviotero #9 21/Febreiro/2008 Gaviotero

arzaya, no entiendo la parte fascistoide y totalitaria del asunto...

Me alegro de que no nos queráis gasear y que os limitéis a intentar golpearnos como hicieron ayer los independentistas que intentaron boicotear el exitoso acto de Galicia Bilingüe.

Mi recuerdo a todos, de los que estuve bastante cerca, por cierto: a la primera con pinta (¿o no solo pinta?) de yonki y putilla barata, a la segunda, esta ya con pinta de putilla de clase media y también a los otros con pinta de pordioseros sin duchar y sin asilvestrar. A todos ellos gracias por demostrarnos que vamos por el buen camino y que Galicia Bilingüe es ya todo un éxito capaz de convocar sin problemas a más de un millar de personas en cada convocatoria.

baltar69 #10 21/Febreiro/2008 baltar69

vaia, un asunto que asomaba interesante por mor das ventaxas que o sistema ese tan xusto da oposición a san funcionario da os interinos, devén pouco a pouco no conflico lingüístico e na putería.
eu, que por encima de todo estou enfrentado cós funcionarios( dende os municipais até os da ue, pasando por toda a fauna das consellerías ) e ca caste dos mesmos que deriva en cargo político, estou encantado con estes novos enfoques acerca de putas, putillas e putonas multiclase.
pero intento que ese espeso bosque de venus non me enturbie a vista, que eses turxentes carteis lise charmel que poboan as nosas rúas non me absorva toda a potencia e pido a aqueles que teñen algo que decir sobre o particular, aqueles que como mercedes coñecen o sistema dende dentro, que sigan escrebendo, que sigan denunciando e informándonos a todos de como gastan os nosos impostos estas clases nobles que, teóricamente, son a vangarda do pobo galego.
o outro, o das meretrices, tamén me parece ben, incluso moi lúdico, pero quizás non sexa esta columna donde falar de elas. non había por ahí un concurso de relatos eróticos? pois quizás ahí teña o lugar. eu prometo, en breve e si este traballo ingrato me deixa un momento, facer unha recreación novelesca dunha experiencia gozosa ca sin par elva de rabelas.

ecoe #11 21/Febreiro/2008 ecoe

O PP estáos treizoando de mala maneira, mesmo ós multilíngües bilingües, pois escreben en cartazes erectorais ben grandes e no seu azúl color do franquismo posfranquista: AS IDEAS CLARAS/... en galego!!! HA, HA, HA...

Gaviotero #12 21/Febreiro/2008 Gaviotero

ecoe, lo más parecido al franquismo hoy en día es el nacionalismo. O sea, tú. Imposición, totalitarismo, fascismo...nacionalismo.

teixugo #13 22/Febreiro/2008 teixugo

Vai trabalhar moinante!!!

sozinho #14 22/Febreiro/2008 sozinho

Estou totalmente en desacordo co comentario #11, entre outros, claro. As cores do PP son as máis estéticas de tódolos partidos. O azul en contraste puro co laranxa (desta vez só azul). Iso é o que pasa cando faltan ideas, que o único que queda é estética. Non por iso votarei ao candidato máis feo, claro!
Por certo, se o azul-falanxista está prohibido, o amarelo e vermello da española é sospeitoso e o verde é o dos militares, que cor nos queda que vista as nosas ideas? O laranxa?
Agora mesmo eu só vexo o verde que poño á cacique da Laura Sánchez Piñón, ao lado da cal, Currás parecía un demócrata convencido. Agora resulta que tamén vai en contra da LOE para outorgar ao persoal non docente de relixión funcións titoriais e permite promocionar curso con ata 12 asignaturas suspensas (de 3º a 4º de ESO), tamén en fanca desobediencia á LOE. Unha incompetente e unha retrógrada que cada vez lle quita máis poder aos profesores e ás ideas progresistas e á meritocracia!

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: