Fernando Blanco criticou a falta de información que achegou o goberno español sobre a supresión, prevista para xullo.
O conselleiro de Innovación e Industria, Fernando Blanco, criticou este mércores no Parlamento a decisión do goberno español de suprimir a tarifa eléctrica nocturna a partir de xullo. Segundo Blanco, hai que introducir medidas para "reducir o impacto da nova tarifa sobre os consumidores", e considerou que os 180.000 fogares afectados vanse ter que enfrontar a "unha tarifa de difícil xestión".
Para o conselleiro, na redución dos efectos teranse que implicar tanto o Ministerio de Industria como as operadoras, e ofreceu a colaboración da Consellaría. Fernando Blanco dixo, ademais, que segue á "expectativa" dos cambios que anunciou o ministro Joan Clos sobre o decreto de eliminación da tarifa, e criticou que hai un "déficit de información considerábel" arredor do asunto.
Blanco puxo de manifesto que en Galiza sairá máis prexudicada ca o resto do Estado coa supresión da tarifa, e que precisa "máis explicacións, máis información e máis axuda".
Trátase de un novo descaro das eléctricas -permitido e apoiado polos seus axentes, mercenarios pois, nos gobernos. E algúns disimulan a ver si salvan voto e imáxen!
Mentres non tiveron quenes consumiran a producción automática -e por tanto imparable (p.e. nucleares)- entón precisaban quenes consumiran a enerxía da rede (que non pode acumularse) e inventaron os cargadores, acumuladores, nocturnos para as vivendas e a correspondente toma de "tarifa nocturna".
En moitas vivendas novas, e especialmente nas antigas, e apenas sin obras, podíase facer unha instalación de calefacción que era máis simple ainda que a de gas cidade. Había que soportar, a cambio, unha tarifa máis alta no consumo diurno: nunca se dan enchido as suas fauces.
Pois non. Non lles é dabondo satisfactorio. Teñen uns negocios millores e os gobernos, calquera que fose (o Ánsar regalóulles UN BILLÓN DE PTS. do erario público nos derradeiros anos do seu goberno.
Mais agora poden vender a enerxía en €uropa e xa non van perder a oportunidade por ter quedado atados por compromiso algún. A tarifa nocturna desaparece e a outros asuntos que me cansas...