Están imputados por supostas agresións a un policía no momento de se concentraren ante a comisaría, en solidariedade cos detidos acusados de queimar imaxes do rei.
Esta semana foron citadas para xuízo sete persoas pertencentes á plataforma Causa Galiza, por suposta agresión a un antidisturbios. Son Aurélio L., Roberto R., Salvador G., Davide B., Rute V., Constante V. e Joám P, todos eles ademais socios do C. S. A Revolta de Vigo.
Os sete participaron o pasado 6 de decembro na manifestación convocada pola plataforma Causa Galiza en Vigo, pola autodeterminación e contra a constitución española, despois da que foron detidos catro mozos, acusados de queimar unha efixie do rei español. En canto se soubo das detencións, organizouse unha concentración en solidariedade cos detidos, ás portas da comisaría de policía de Vigo, na Rúa López Mora. Naquela altura formouse un cordón policial arredor das persoas concentradas. Foi neste momento no que, segundo a denuncia emitida agora, estas sete persoas supostamente agrediron uns dos antidisturbios que formaban o cordón.
Tamén son acusados de tentar rachar o cordón policial para entrar no predio da policía, ao tempo que cortaban o tráfico e impedían a circulación entre a dependencia policial e a Rúa José Frau. O documento da citación tamén asegura que neste momento se produciu un lanzamento de pedras e obxectos contundentes que supostamente provocaría a lesión do denunciante.
Mais unha denuncia, sumada ás multas para os membros do colectivo Causa Galiza
Esta denuncia súmase ás multas de 600 euros impostas pola subdelegación do goberno español a cada un dos organizadores da manifestación de Causa Galiza do pasado 6 de decembro, por "non manter a orde" e "permitir" a queima da imaxe do monarca español.
Joám Peres, voceiro de Ceivar, contoulle a Vieiros que naquela concentración produciuse un forcexo, mais "unha cousa cativa" na que ninguén foi lesionado posto que ningún policía "marchou do cordón e ninguén foi detido". Por outro lado, Peres quixo salientar que, a pesares de encher a citación de texto, só denuncian "supostas lesións". Ademais lembra que as persoas acusadas non foron identificadas no momento, polo que o proceso de denuncia lle parece "un pouco selectivo".
"A lectura que nós facemos é que estes días toca campaña electoral, e despois do PP, vai o PSOE ao rabo deles con estes actos", salientou Joám Peres, lembrando que o protocolo habitual que a policía española segue nestes casos (nos casos de forcexo ou cando "dan leña") é denunciar penalmente a calquera dos manifestantes sobre os que se emprega, como desta volta, "a mínima forza imprescindíbel" antes de que estes, polo seu lado, denuncien ás forzas de seguridade.
O xuízo será a vindeira cuarta feira 27 de febreiro, ás 11:30 horas no Xulgado de Instrución nº 6 de Vigo, da rúa Lalín. Está convocada unha concentración de solidariedade ás 11:00 do mesmo día diante do edificio xudicial.
esto hai que atallalo canto antes e ollo co que comen estes galegos, que logo parecen obelix contra as lexións de roma.
históricamente a policía mallaba sempre en nos, pero ahora resulta que son os manifestantes dos sectores industriais, os campesinos, os estudantes os que mancan a estes entrenados membros das forzas de seguridade o rebentarlles as porras contra as duras cabezas dos máis incívicos.
non será que están baixando moito o listón para incorporalos aos respectivos corpos? xa parecen un grupo de pusilánimes plañideiras detrás dos escudos estes santos baróns, todos pais de familia e debaténdose con tremenda loita interior entre as órdenes esbirras do delegado do goberno e a súa inquebrantable simpatía polo cidadán contribuínte.
ai, a policía... velahí a os auténticos mártires da convivencia. non me extraña que sufran tremendos cadros de estrés postraumático, igual que os maestros violentados na súa fálica tarima por rapaces de dez anos. máis tranquimazin, por favor.
son uns desalmados... batéronlles cos seus lombos, unha e outra vez, nas porras extensibles de goma aos policías... dende logo!
A pé desta información foi borrado un comentario.
En Vieiros cremos que a verdade non é propiedade de ninguén, senón que se constrúe entre todos. Por iso, tamén estamos convencidos de que a participación dos lectores e lectoras engade outro valor aos contidos informativos. Pero este xogo ten as súas regras. O insulto, as descualificacións persoais e a linguaxe despectiva atrancan a comunicación libre. O diálogo establécese sobre as ideas, non sobre quen as emite. Por esta razón, eliminaremos os comentarios que non favorezan a liberdade e o razoábel intercambio de opinións. En beneficio da participación e do debate.
Traduzco el comentario de la redacción de Vieiros:
Se acercan las elecciones y nos debemos más que nunca a los que mantienen este chiringuito abierto y funcionando. Es por ello que cualquier opinión discrepante con el nacionalismo gallego será eliminada, aunque como siempre tendrán cabida todas aquellas exaltaciones terroristas que vayan contra la gente del Partido Popular y en general contra la gran mayoría del pueblo de Galicia a la que no hemos logrado imponerles todavía nuestro pensamiento único.
Anexo ao comunicado de Vieiros:
Gaviotero cre que a verdade é propiedade súa, e non permite que se constrúa entre todos. Por iso, esta convencido que todos os lectores e lectores que participan, en principio son uns nacionalistas e totalitarios, polo que el quere engadir outro valor aos contidos informativos e para este xogo puxo as súas regras:
O insulto e as descualificacións persoais e unha linguaxe despectiva para impedir a libre comunicación.
O seu monólogo establécese sobre as súas ideas e non sobre os dos demais. Por esta razón está disposto a cualificar aos demais de miserables, fascistoides, nacis e terroristas dos do tiro na caluga.
Por esta razón, eliminamos, ao noso pesar, pois non nos gusta ser censores, algúns (moi poucos) dos comentarios que non favorecen a liberdade e o razoable cambio de opinións senón de insultos e para tratar na medida dos posible que o "debate" non acabe sendo de "béisbol".
Anexo al anexo del anexo anexado por BonKarallan:
Este es uno de los muchos lectores de Vieiros que toleran la amenaza de muerte a quien les habla, pero que no admite la discrepancia. O sea, más de lo mismo: fascismo, nacionalismo...y valga la redundancia.
Gaviotero eu de béisbol entendo pouco así que non vou xogar.
Levo os suficientes comentarios para que todo o mundo deuse conta de que son unha persoa pacífica, un pedazo de pan e prefiro utilizar a retranca á tranca.
Eu non sei quen che ameazou de morte, porque non leo todos os comentarios que se fan a todas as noticias, pero imaxino que Vieiros xa censuraría eses comentarios.
Xa es bastante maiorciño para defenderche só, non esperarás que salga a condenar aos que se meten contigo, cando ademais ti cho buscas.
Que non condene certos feitos non quere dicir que os tolere, só quere dicir que non os condeno, polo menos, publicamente.
Admito a túa discrepancia, e ata os teus insultos. En realidade fanme "coña". Eu non censuraría os teus comentarios. Linos antes de que fosen censurados. Non dis nada novo. Es o mesmo "cansino" de sempre: miserables, fascistoides, totalitarios... non imos morrer por teus "piropos".
Eu non penso que ti sexas nazi, nin fascista, nin siquera do PP (Se eu fose Rajoy, expulsouche do partido)
Penso que es outra cousa, pero ma calo por respecto. Digamos o mesmo "cansino" de sempre. A mosca collonera que hoxe lle picou a Vieiros e supoño que por iso che quitaron os teus comentarios.
Pero non pasa nada, pódelos pór no teu blog, no que non che molestamos nin a milésima parte do que ti nestes foros e xa podes quedarche tranquilo.
Saúdos. Tranquilidade e coidado coa tensión que che ve ZP e iso convenlle.
Por certo, a min aínda non me censuraron ningún comentario en Vieiros, aínda que admito que ás veces utilicei algún que outro adxectivo pouco cariñoso con Jose Mari, Bush e Rouco, o meu trio das Azores favorito, pero procuro retocalo sempre un pouco, por se hai que salvar algunha censura-
No, BonKarallan, no...Vieiros no censuró algunos de esos comentarios, como no sólo no censuró sino que PUBLICÓ una noticia en la que se hacía apología del terrorismo, narrando la quema de contenedores y otros actos de violencia callejera como una forma de "calentar el ambiente".
En mi blog me han dicho de todo: insultos, amenazas, etc. Pero ahí tienes un espacio de libertad que no hay en Vieiros, porque allí quedan los comentarios, todos los comentarios, de todo el mundo.
Yo considero que la gente que lee mi blog sabrá extraer sus propias conclusiones. ¿Piensan lo mismo en Vieiros?
Por cierto, mi blog no está subvencionado. Allí mando yo. No me mandan.
Gaviotero, entre o que das a brasa en Vieiros e no teu blog, ¿ti moito non traballas, non? eu de maior quereo ser como ti
A pé desta información foi borrado un comentario.
En Vieiros cremos que a verdade non é propiedade de ninguén, senón que se constrúe entre todos. Por iso, tamén estamos convencidos de que a participación dos lectores e lectoras engade outro valor aos contidos informativos. Pero este xogo ten as súas regras. O insulto, as descualificacións persoais e a linguaxe despectiva atrancan a comunicación libre. O diálogo establécese sobre as ideas, non sobre quen as emite. Por esta razón, eliminaremos os comentarios que non favorezan a liberdade e o razoábel intercambio de opinións. En beneficio da participación e do debate.
CHISTE:
Entra unha persoa nunha librería e pide ao dependente:
Dáme o libro de como facer amigos en 10 horas, ¡pervertido maloliente!
Verdade que o de "pervertido maloliente" queda ridículo?
A frase orixinal pegaba máis co chiste, pero foi censurada por Vieiros, xunto coa resposta que lle ofrecía a Gaviotero, así que quedou sen ela. Aclaro que non era un insulto a Gaviotero, era que a sua postura me lembraba ao comprador do libro.
Deberon de fichar de censor ao xurado do programa "Tienes Talento" que emiten na "Cuatro" e levántase pola mañá con moi malas pulgas e como estamos en eleccións dedícase a realizar o "censo".
Creo que non necesito pedir perdón porque non ofendín a ninguén, salvo aos oídos delicados.
PERDON AOS OIDOS DELICADOS.
Dous comentarios borrados. Paréceme a min que o que se está favorecendo aquí é a unión en contra de Vieiros.
Pois mira que non se dixeron animaladas aquí consentidas por Vieiros. Eu tamén recibín algunha, por denunciar os métodos violentos dalgúns grupos. A que vén agora este ánimo censurador?
Coñecemos aos interlocutores e xa sabemos como llas gasta cada un, pero se ata agora sempre entrou dentro do xogo, que é o que cambiou?
Non á censura!!
Vieiros: Rogo bórrenme o comentario #8 porque é mentira: xa me censuraron un comentario a pesar do seu retoque e non me gusta mentir.
Eu non estou a favor da censura, pero sí duns minimos en normas e educación á hora de discutir e dialogar...
Cousa que aquí se pasou 1000veces en 1000 ocasións, sobretodo e casesempre relacionadas coa Gaviotiña...(que casualidade).
O tema é que ten que haber unhas normas moi moi moi clariñas, e logo alguén imparcial q as faga cumprir, e este é, segundo a miña opinión, o punto debil destas cousas, "o imparcial"...pq todo é subxectivo...
Eu non sei que comentarios fixo BonKarallan pra que os censuraran, pero estou seguro que se a el se lle censura, o Gaviota non tiña nin que falar, pq de cada 2 comentarios 4 son faltas de respecto.
Eu acepto de moi bo grado que a xente discrepe do que eu opino, o que non tomo tan ben, é que a xente non teña educación, nun cabreo todos dicimos parvadas, pero aquí todos sabems que algúns moi concretiños, cada vez que escriben son cousas pra tentar molestar, faltar o respecto, insultar...etc etc.
(algún ten problemas mentais, ou pouco que facer na casa...pq levar ostias tódo-los dias e seguir...é de enfermidade ou de masoquismo, ou cousas piores).
De tódo-los xeitos, un saúdo a todos, e a ver se conseguimos que tóda-las discusións sexan con respecto os demais (Eh respecto non quere dicir que eu, po-la miña liberdade de opinión- poida insultar a todos, e logo que ninguén me diga nada, ou me borre o comentario ou algo, pq eso sería faltar a miña liberdade etc...)
A miña liberdade remata onde comeza a de outro!, e así pra todos!.
(toma nota gaviotiña, sinto personalizar, pero é o "troll" máis grande que temos aqui, asiq é obvio que precisa saber estas cousas que non lle ensinaron na casa).