As dúas canles anunciaron a próxima sinatura dun convenio de colaboración en materia de arquivos e de coproducións.
Logotipo da RTP
A Televisión de Galicia (TVG) e a Rádio Televisão Portuguesa (RTP) anunciaron que teñen previsto asinar un convenio de colaboración en materia de coprodución e de intercambio de fondos de arquivo. Despois da organización conxunta da gala de homenaxe a Zeca Afonso, que se emitiu o pasado 25 de abril, agora a serie documental galega Terras de acolá chegará ás pantallas portuguesas.
A presentación da serie, que tivo lugar en Lisboa, serviulle ao director xeral da CRTVG, Benigno Sánchez, para anunciar que despois das eleccións xerais vaise desenvolver unha reunión entre as dúas canles públicas para "estabelecer un convenio de colaboración" porque dispoñen de "moitos fondos documentais que poden interesar reciprocamente". Tamén confiou en que se poida chegar a estimular a coprodución entre as dúas televisións porque son "dous países que teñen moito que ver".
Porén, non foi optimista en que se chegue a coproducir ficción, "que ten unha característica especial en Galiza, que a que funciona é moi local". Mentres, o director de programación da RTP, José Pedroso, dixo que "compartir contidos é un camiño importante para as dúas televisións".
A serie Terras de acolá, dirixida por Luís Menéndez e coproducida pola TVG e a produtora Faro, fai un percorrido polos países de fala portuguesa. Consta de 13 capítulos e continúa na liña dos documentais anteriores do mesmo autor, Terras de Merlín e Terras do Leste. Será emitida a partir de marzo na RTP1, RTP África e RTP Internacional.
En Galiza estamos a desaproveitar a grande capacidade q temos á hora da dobraxe e lexendaxe de filmes e series, e todo o relacionado co audiovisual.
Se o sistema educativo fose o adecuado, haberia moito traballo para esta industria en Galiza e Portugal, mais estou seguro q han de acaban levándoo en Andalucia e Estremadura.
Pergunto-me porque não é posivel aprofundar nesses convénios de colaboração entre as duas televisões, tambem en sentido contrário: para que a Galega emita séries e produções da RTP. Seria um bom primeiro passo até que o espanholista de Touriño lhe de-a o visto bom à directa recepção das canles portuguesas na Galiza (o PSOE de Ferraz é mais favorável que o PsdeGa: manda truco!).
Para quando uma série portuguesa na TVG?
Sem dublagens, claro.
É só unha cuestión política.No meu TDT podo ver as marabillosas canles Promo Tv,Tienda en Veo, Cincoshop adicados exclusivamente a vender en plan Ianqui e outro do estilo Hogar 10.Por non falar de Intereconomía ou Veo que nos venden ideoloxía facha,pero ben,de todo ten que haber.O problema é que con esa bazofia non hai sitio para ver cousas enriquecedoras, como canles en portugués, en inglés (a eles que tanto se lles enche o papo cando din que o galego non vale pero o inglés si), canles de documentais,cultura,educativos(ensinanza a distancia por exemplo,etc.Estou convencido que o único que queren é facernos parvos.A tele e o fútbol son o opio do pobo.