No mes de abril dese ano os técnicos da Consellaría de Política Territorial emitiron un informe previo á aprobación inicial do PXOM.
A Xunta sabía que en Aranga se planeaba unha recualificación urbanística de gran magnitude dende a primavera do ano 2006. Tal e como se pode comprobar na propia web da Consellaría de Política Territorial, o departamento emitiu xa en abril de 2006 un informe previo á aprobación inicial do PXOM. Os técnicos debullan en tan só catro folios a visión da proposta urbanística que o consistorio remitira en decembro de 2005 e que está a erguer agora numerosas protestas.
O informe pode semellar sorprendentemente lacónico se se ten en conta que se estaba propoñendo unha das maiores recualificacións dos últimos anos en Galiza. O documento subliña que “o plan non achega unha axeitada xustificación coa que fundamentar que a clasificación de solo urbanizábel proposta, tanto de uso residencial como industrial, respecta os principios de utilización racional de recursos naturais e desenvolvemento sostíbel”. Porén, non se volve facer nin unha soa referencia aos 2,5 millóns de metros cadrados que se destinarían a polígono industrial, algo que si se fai á hora de abordar o chan para usos residenciais.
Carlos Aymerich, voceiro do BNG no Parlamento, estivo esta semana con afectados pola recualificación urbanística. O deputado nacionalista mostrou a súa sorpresa polo feito de que a Fiscalía aínda non decidise investigar de oficio o sucedido en Aranga. Aymerich sostén que “nós estamos a favor de que se cree chan industrial se está xustificada a súa necesidade, o problema é cando estas operacións só traen beneficio a uns poucos a conta do patrimonio de moitos veciños”.
Ó final resulta que da igual quen goberne, os informes que emita a Xunta ou a normativa legal ó respecto. Os que teñen os cartos, o poder e as influencias son os ricos.
Fixeron centos de chanchullos para mercar os terreos, compraron ós políticos, utilizaron información privilexiada o único que nos queda e loitar, menos mal que os medios de comunicación polo menos son imparciais.
os medios imparciais? andas algo corto de vista...
Os fiscais e xuízes son tan tan tan independentes de independentes, que sós só van contra as xentes populares, os estudantes que bocean contra unha conferenciante de "alta alcurnia e pedigrí", ou si os seus afillados de azúl saen algo mancados no orgullo (os que mallan son eles). Ahí sí están.
Pero contra os GRANDES NEGOCIOS?? Nin falalo.
Cando se trata de cartos son todos da mesma relixión, veciños.
!Que vaian rascar o ca...!. Abstención e a "disfrutar" do domingo.