A prensa británica informa este venres que tamén a delegación do Reino Unido na capital de Serbia sufriu o acoso de grupos incontrolados. A marcha foi pacífica até que se disolveu.
Os bombeiros sofocaron as lapas na embaixada de EUA
Un corpo carbonizado foi rescatado esta quinta feira da embaixada de Estados Unidos na capital de Serbia, Belgrado, tras ser asaltada por un grupo de persoas unha vez finalizou a protesta contra a independencia de Cosova, e que reuniu a unhas 250.000 persoas.
Anteriormente, o portavoz do Departamento de Estado estadounidense, Sean McCormack, dixo tras se producir o asalto, que este ocorreu fóra do horario de oficina, polo que as únicas persoas que estaban no edificio eran o persoal de seguridade e varios marines. Nestes momentos descoñécese a identidade da vítima.
Media hora despois de que se producise o asalto, chegaron ao lugar 200 antidisturbios, que arrestaron a algúns dos asaltantes e dispersaron ao resto a golpes, con gas lacrimóxeno e con vehículos pesados.
Ataques á embaixada británica
Por outra banda, os medios británicos recollen a declaración oficial do secretario de Asuntos Exteriores, David Miliband, nas que asegura que a embaixada do Reino Unido en Belgrado tamén foi obxecto de ataques. No entanto, Miliband afirma que os danos ao edificio son de pouca importancia e que o persoal da delegación está a salvo.
Volveuse contra o Psoe non declararse a favor da independencia de Kosovo.
Mentres apoiou sen travas a independencia dos paises da esfera da ex-URSS, agora como estamos en elección o Psoe vólvese mais españolista ca o PP.
É moi ,,gratificante" ver os serbios entrar coa bandeira española nas embaixadas para keimalas, e atacar os postos da NATO coa bandeiras serbias e española en alto!
Lembrame moito a certos periodos da época española.
Falouse moito nestes foros da independencia de Kosova. Moitos criticábana porque dicían que os serbios estaban alí antes, e non sei que. A orixe dos povos eslavos esta ao norde dos Cárpatos. Quen había antes dos serbios en Kosova? Probablemente ilirios, os antepasados dos albaneses. De todos xeitos, a historiografía serbia e a albanesa non coinciden: cada un barre para casa.
Porén, poñámonos no caso de que os serbios estivesen alí antes, o cal, xa vos digo, é algo moi discutíbel.
Lembremos o sucedido en Kosova: os serbios cometeron un xenocidio. Gravísimo. E iso non lles da dereito a reclamar ren, é cuestión de xustiza. Tamén Alemaña cometeu un xenocidio contra o pobo xudeu (e non só) e perdeu territorios logo da guerra. Porque lembremos que alemanes étnicos hainos en Polonia, e non por iso os alemáns andan a pedir a anexión deses territorios que perderon.
Agora os serbios andan a reclamar Kosova. Pero o certo é que os serbios perderon calquera dereito que puidesen ter sobre Kosova dende o momento en que tentaron aniquilar á poboación albanesa.
Por certo, que moitos dos que defendedes que Kosova é Serbia, á vez non queredes o estado de Israel. E os xudeus estaban alí antes ca os árabes.
Pero non claro, como Kosova é apoiada polos EEUU, xa pasa á lista negra. Xa quixera eu unha independencia con EEUU coma garante das miñas fronteiras!!