Unha fibra elástica capaz de pegarse espontaneamente despois de ter sido cortada, por simple presión das dúas beiras
Secuencia do estiramento do plástico sólido. (Fotos: François Tournilhac / Ludwik Leibler)
Este material con propiedades inéditas acaba de saír á luz da man de investigadores do laboratorio materias brandas e química (CNRS /Escola superior da física e química industrial da cidade de Paris), dirixido por Ludwik Leibler e creado por iniciativa de Pierre Gilles de Gennes, Premio Nobel da física.
O caucho clásico fórmase pola montaxe de macromoléculas (de longas cadeas de moléculas) flexibles, ensambladas nunha rede, e que acadan unha forma definitiva logo do proceso de vulcanización. Os investigadores, que publican os seus traballos na revista Nature do 21 de febreiro, realizaron o seu novo elastómero utilizando pequenas moléculas -en vez das longas cadeas moleculares- conectadas entre elas por conexións hidróxeno moito máis escasas.Estas pequenas entidades, constituídas por carbono, hidróxeno, nitróxeno e osíxeno, sintetizáronse a partir de ácidos graxos de orixe vexetal (PIN, xirasol, millo, colza) proporcionados pola industria.
Tras un tratamento químico conveniente, "conservan a súa identidade e teñen a capacidade de asociarse espontaneamente para crear estructuras moleculares máis importantes téndose ata certo punto pola man", explica Ludwik Leibler, quen asina o artigo de Nature. No momento da ruptura, unha vez separadas, teñen que reconstituir as súas asociacións. O que permite iniciar o proceso autocicatrización".