Van estar deica o 9 de marzo, demandando unha solución ao paso da liña do Tren de Alta Velocidade pola mina.
Varios traballadores de Serrabal e Ferroatántica van acampar dende esta sexta feira até que termine a campaña electoral diante de San Caetano, esixíndolle á Xunta que mude o trazado do TAV Santiago-Ourense ao seu paso pola mina de cuarzo que explotan as empresas de Villar Mir, pois consideran que o tramo actual que pasa por Serrabal ameaza un milleiro de postos de traballo directos e indirectos que dependen desta explotación.
A acampada realizarase en tres quendas con 30 persoas cada vez.
Antes de se situar perante a Xunta, uns 300 traballadores de Serrabal e Ferroatlántica en Cee, Dumbría e Sabón percorreron as rúas de Compostela nunha manifestación que estivo encabezada por una gran pancarta na que se podía ler: "A indemnización non é a solución, si ao cambio de trazado do AVE".
De campaña con Touriño
Os traballadores de Serrabal e Ferroatlántica acusan ao presidente da Xunta de "mentir" ao non cumprir co compromiso adquirido antes das eleccións municipais do 27 de maio de 2007, cando dixo que ía estudar unha solución que non os afectase. Touriño tamén se comprometeu, segundo os traballadores, a entregarlles un cronograma das obras do TAV que aínda non recibiron.
Agora os traballadores sinalaron que van facer "a mesma campaña que el", e avanzaron "actos sorpresa" durante todo este tempo, deica o vindeiro 9 de marzo.
Aféctanos a tódolas galegas e galegos moito máis, -furtáronos os políticos ata o DEREITO A DECIDIR- e tamén a quenes perden as terras, os mananciais, sin contar que se trata de "progreso" INSOLIDARIO e de un GRAVÍSIMO IMPACTO AMBENTAL I ECOLÓXICO: taludes, desfeitas, desaparición mananciais, grande superficie esnaquizada polo movimento de gran maquinaria, ALTÍSIMO consumo de enerxías NON RENOVABLES, etc. etc.
Non vai quedar a tal mina MÁIS AFECTADA que o resto das aldeias mesmo desaparecidas (Cachofes en Cerdedo, p.e.) ou os vales e pedemontes polos que se extenderá a desfeita.
Pasarálles ós traballadores de Mir o mesmo que ós de ENCE-ELNOSA, que NO seu SALARIO, moi por alto respecto ós dos demáis travallador*s, VÁILLES A DEFENSA DAS FALCATRUADAS (medioambentais, ...?) DA SUA EMPRESA E O SEU EMPRESARIO/S?