Open Vieiros

Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Galego.org

Xestionado por Vieiros
RSS de Galego.org
Pon en galego os teus aparatos

As empresas comezan a apostar pola lingua nos seus últimos trebellos electrónicos

O modo "galego" comeza a aparecer nos aparatos coas últimas tecnoloxías. Nos móbiles, mais tamén nos MP3 e MP4.

Redacción / EP - 13:00 23/02/2008

Segundo Política Lingüística, o galego vai collendo pulo na telefonía móbil, coa chegada dos novos operadores, mais tamén noutros aparellos, grazas á aposta pola lingua das empresas de novas tecnoloxías.

Hai pouco o departamento que dixire Marisol López anunciaba a sinatura dunha colaboración con Eroski Móvil, un dos operadores virtuais que proxecta sacar ao mercado móbiles na nosa lingua en chegando o verán. Tamén se falou da promoción que teñen planeada, para que os clientes que o desexen poidan mudar o seu aparato por outro con menú en galego.

Móbiles en galego
O primeiro que deu un paso a favor da lingua galego foi Alcatel, que comezou a sacar ao mercado móbiles con todas as opcións do menú en galego. O bo deste é que podías escoller o operador.

Mais agora tamén os operadores privados comezan a apostar pola lingua. De feito a empresa galega de telecomunicacións, R, xa ten anunciado o seu interese en sacar un móbil en galego antes deste verán; mais un móbil dos máis novos dos de última xeración, con vídeo, cámara, etc.

Mais tamén MP3 e MP4

A empresa galega Blu:sens xa ten dito en varias ocasións que a lingua galega foi incluída no seus produtos, "cando viron a posibilidade de incorporar máis idiomas" a algúns deles. De feito, comezaron polo galego e foron ampliando para éuscaro e o catalán, alén do castelán e do inglés.

En declaracións a Europa Press, o director de Márketing de Blu:sens, Miguel Churruca, explicou que "é difícil" cuantificar o emprego das diferentes linguas no, pero que eles han seguir nesta liña, para que o galego estea presente en cantos produtos sexa posíbel, tamén nos libros de instrucións.

Estas iniciativas das compañías súmase á da Secretaría Xeral de Política Lingüística que xa mantivo conversas cos principais operadores para promover unha maior presenza do galego nos novos aparatos electrónicos.


5/5 (6 votos)


Comentarios (5)

Maeloc-do-Rouco #1 23/Febreiro/2008 Maeloc-do-Rouco

A web de Blu:sens esta em ingles e castelhano (??)

buli #2 23/Febreiro/2008 buli

eu já o tenho desde há muitos anos...

Gaviotero #3 24/Febreiro/2008 Gaviotero

Ohhhhhhhhhhh, que guay, todo en gallego, sí....ohhhhh, la lengua "propia"....ohhhhhhhhhhhhhh....

luimipi #4 24/Febreiro/2008 luimipi

jajajajaja, ti tes algunha enfermidade grave rapaz, seguro q algunha psicolóxica, coido que un "antigalego" claro....jajajajajaja, mira q non te aburres de facer o parvo por aqui...ti mesmo, pero serviríache máis ir o medico.

-por certo, nótase o q respetas os demais, e a nosa lingua- (irónico)

Maeloc-do-Rouco #5 26/Febreiro/2008 Maeloc-do-Rouco

Que c doenza vai ter! E um "thug", um "bulhas", um "brutinho"...ou como dim na giria internetiana um "troll"...E obvio umha e outra volta que nom respecta aos seus interlocutores que neste caso, ele sabe que por maioria nom opinam coma ele...Mais este rapaz ainda que viaxasse a paisses de tradizom liberal ve-se que as maneiras do civismo e da interlocuzom respeitossa nom viaxaram canda ele...Cheira a rancio suor de taberna nos tristes cinquenta, a "Torrente", a Jose Sazatornil e Paco Martinez Soria e a Arias Navarro e Millan-Astray (delirios de auto-importancia) tudos numha pessoa...Eis o que e este "troll"...Ja cansara o nosso amiguinho

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: