Centos de veciños manifestáronse na capital do municipio para pedir que se varíe un trazado que tamén arrampla con varias casas.
Os veciños do municipio de Cambre volvéronse concentrar este sábado no Campo da Feira para mostrar o seu malestar co trazado do Tren de Alta Velocidade no municipio. Os afectados consideran que o proxecto do Ministerio de Fomento non é o idóneo. A infraestrutura pon en perigo o bosque que inspirou ao escritor Wenceslao Fernández Flórez, a Fraga de Cecebre, e convértese ademais nun auténtico crebacabezas para os veciños, xa que o tren pasaría por núcleos de poboación e incluso obrigaría a tirar algunhas casas.
Os manifestantes tamén consideran que o trazado da liña de alta velocidade traducirase na abolición da actual rede ferroviaria, o que porá en perigo a creación dun servizo de cercanías para a área metropolitana da Coruña, á que pertence o municipio de Cambre.
Esta é unha mostra máis da sensibilidade medioambiental imperante tanto no goberno central como na Xunta. Mais que NUNCA é necesario GALIZA NON SE VENDE.
o TAV non fai máis que DESFEITAS POR ONDE PASA: por concepción (elitista, antieconómico, antienerxético), medio ambente e destrozos históricoxeográficos.
Ningún d*s galeg*s deixará de ter tremendas dificultades de desprazamento na GZ, mentres se despilfarra un medio insolidario e de retroceso (non é "progreso")!
Fragas co engado e formossura como a de Cecebre nom as ha nem no "outro" Cambre (Gales)
non temos trens de cercanías nin comunicadas como Deus manda as principais cidades do país pero da igual, veña millóns para un tren que favorecerá a uns poucos.