O Ano Internacional das Linguas comeza cun dato para pensar: cada quince días deixa de falarse unha lingua e nun futuro próximo desaparecerán a metade dos 6.700 idiomas falados.
En albanés dise pake, en árabe salaam, mier en eslovaco, guapy en guaraní, rongo en maorí e sidi en tibetano. No Estado español dise tamén de varios xeitos: bake, pau e paz. A palabra "paz" podería desaparecer en moitos idiomas porque, nos próximos anos, poderíanse extinguir máis de 3.350 linguas faladas en todo o mundo.
A Unesco deu a benvida ao Ano Internacional das Linguas que se celebra este 2008 cun dato preocupante: máis da metade das 6.700 linguas orais de todo o planeta "corren o perigo de desaparecer no futuro. O seu ritmo de extinción é rápido: cada quince días unha delas deixa de falarse". Ademais, calcúlase que o 96% das linguas existentes só as fala o 4% da poboación mundial.
A tribo amazónica akuntsu é un exemplo claro desta situación. Os seus seis membros poderían pasar por unha familia pero en realidade son todo un pobo. Hai pouco máis de dez anos, os funcionarios do Goberno brasileiro contactaron con eles e hoxe en día a súa terra está legalmente recoñecida. Con todo, a extinción deste pobo avanza debido á presión de terratenentes e criadores de gando. "Ninguén aprendeu a lingua akuntsu e por iso é difícil para eles expresar as súas necesidades e contar a súa historia", denuncia a organización Survival.
Unha lingua, unha forma de entender o mundo
Máis aló dun conxunto de signos, unha lingua está estreitamente ligada á identidade dun pobo, aos seus xeitos de comunicación e a cuestións como a educación, o desenvolvemento e a integración social.
Por iso, como explican desde a Unesco, "cando unha lingua se extingue, empobrécese o tecido rico da diversidade cultural". "Pérdense tamén posibilidades, tradicións, memorias, modos singulares de pensamento e expresión, recursos valiosos para lograr un futuro mellor", apunta a axencia da ONU, mentres desde Survival lembran que estudar e gravar unha lingua "serve de pouco" sen persoas que a falen.
Isto mesmo vai pasar cos akuntsu cando os seus únicos seis membros desaparezan e, en menos de vinte anos, cun centenar de pobos indíxenas illados. "Unha lingua só pode vivir se o seu pobo vive, e se queremos que os pobos indíxenas de hoxe teñan un futuro debemos respectar o seu dereito a escoller o seu propio modelo de vida", advirte Survival. Esta organización fai fincapé na realidade dos pobos indíxenas porque das máis de 6.000 linguas que se falan no mundo na actualidade 5.000 son indíxenas e moitas están en perigo de extinción.
A riqueza do plurilingüismo
Para promover moitos destes idiomas, persoas con linguas minoritarias a título individual e organizacións sociais levan a cabo iniciativas de todo tipo. En Internet, por exemplo, atopamos un dicionario guaraní-castelán-portugués-alemán, blogs que promoven o quechua e iniciativas que apostan polo software libre nesta lingua.
Fóra da Rede tamén se desenvolven iniciativas, como á que lle dan pulo en Chile as Escolas Universitarias de Traballo Social e Educación Social Pere Tarrés e a Universidade Tecnolóxica Metropolitana de Santiago de Chile. Na rexión de Bío-Bío, os dous centros universitarios apoian a comunidades locais mapuches a través de formación de educadores comunitarios, recuperación de técnicas ancestrais e a revitalización da súa lingua.
A través desta iniciativa, que toma como exemplo o proceso de recuperación da lingua catalá, plásmanse mitos e lendas en materiais didácticos e contos infantís e foméntanse valores como os dereitos humanos.
Dende a Unesco explican que todas estas accións deben ir acompañadas de vontade política. De momento, a nivel internacional existe a Convención para a Salvagarda do Patrimonio Cultural Inmaterial, que fala de tradicións e expresións orais e destaca o idioma "como vehículo do patrimonio cultural inmaterial". Na Unión Europea, destaca a Carta Europea das Linguas Rexionais ou Minoritarias.
Neste contexto, e aproveitando o inicio agora en febreiro do Ano Internacional das Linguas, a Unesco insta á comunidade internacional a promover instrumentos a favor do plurilingüismo. Trátase de fomentar políticas lingüísticas rexionais e nacionais "coherentes" que propicien a utilización apropiada das linguas nun país determinado, que permitan a cada comunidade utilizar a súa lingua materna "en público e en privado" e que posibilite a aprendizaxe doutros idiomas locais, nacionais e internacionais, conclúe a Unesco.
Que Podo Facer eu?
A Unesco apoia proxectos a favor do plurilingüismo en ámbitos como a educación, as ciencias e a cultura. Infórmate!
A Fundació per a Pau ensínache como dicir "paz" en 70 idiomas.
también desaparecerán dios, guerra, matrimonio, patria, autoridad, fascismo....vaya una cosa por la otra
Polo menos en Galiza non se producirá esa futura desaparición do galego, que para iso está Galicia Bilingüe. Que tranquilidade!!! Grazas GB!!!
"A nosa língua florece en Portugal" (Castelao, Monumento en Guimaraes).
Par cando imos adoptar a escrita portuguesa? E esquecermonos para sempre da palabra "desaparición".
Séguenme facendo moita graza estas bágoas de crocodilo polos miles de linguas que esmorecen!
Moito amor á cultura, á diversidade, ás distintas formas de enxergar e expresar o mundo; mais, á hora da verdade os cultos e sensíbeis quedan atullados pola covardía e ninguén defende con coherencia un bilingüísmo necesario (a lingua propia e mais unha lingua universal) respectuoso e garante do multilingüismo planetario.
Moitos entre nós limítanse a contentarse con un eventual cambio de imperio lingüístico!
Polo menos en Galiza non se producirá esa futura desaparición do galego.
sempre en galiza
Galicia Bilingüe no opina sobre gilipolleces...Respecto a la desaparición de las lenguas, no sé a qué viene tanta preocupación de los nacionalistas cuya única aspiración es la desaparición del castellano de Galicia.
Lástima que el totalitarismo y la imposición no podrán con las ansias de libertad de la inmensa mayoría de los gallegos que seguirán utilizando indistintamente el castellano y el gallego para COMUNICARSE y no para IDEOLOGIZAR, que es lo que pretenden los nacionalistas con sus granjas nacis.
Os de Galicia Bilingüe están velando porque non desapareza o castelán que, como todas sabemos, en Galicia está en perigo de extinción... Se é que, eu non sei vós, pero xa non recordo oir a ninguén nas rúas de Galicia falar en castelán, e como aquí os xornais son todos en galego e os sinais das televisións en fala castelá non chegan... Pobriños os de Galicia Bilingüe que teñen que falar o castelán na intimidade por culpa deses nacionalistas que non lles permiten falar o seu idioma.
[modo ironía off]