Open Vieiros

Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Dende a ofensiva turca da quinta feira

O PKK chama ao levantamento aos kurdos de Turquía

Un dos principais comandantes das milicias do Partidos dos Traballadores do kurdistán chamou aos residentes en Turquía para loitar dende dentro contra o goberno de Ankara.

Redacción - 13:20 24/02/2008

Un dos principais comandantes das milicias do Partido dos Traballadores do Kurdistán (PKK), Bahoz Erdal, chamou este domingo ao levantamento de todos os kurdos residentes en Turquía para loitar dende dentro contra o Goberno de Ankara, que a pasada quinta feira ordenaba la incursión terrestre das súas forzas no norte de Irak para acabar coas bases do grupo separatista.

Erdal, que é o comandante das Forzas Populares de Defensa -unha sección do PKK que conta con máis de 3.000 efectivos- pediulles aos mozos kurdos que convirtan en "inhabitábeis" as cidades turcas nas que moran.

Mentres, os combates fanse máis duros. Os rebeldes aseguraron ter derrubado un helicóptero militar turco e ter matado, nesta semana, 22 militares turcos. Pola súa parte Turquía asegurou que son polo menos 79 os milicianos kurdos abatidos dende o comezo, a pasada quinta feira da operación terrestre contra o PKK.


5/5 (2 votos)


Comentarios (4)

mceleiro #1 24/Febreiro/2008 mceleiro

Avante o PKK!

ecoe #2 24/Febreiro/2008 ecoe

Qué esperaban das propias accións os imperialistas turcomanos e occidentais?

pampeiro #3 24/Febreiro/2008 pampeiro

Hai que ter ovos para facerlle fronte ó estado ultrarepresivo turco !!! O mellor para os curdos !!!

rinlo #4 25/Febreiro/2008 rinlo

Eu digo:

Há que ter "ovos" (?) para chamar "turcomanos" aos turcos...
Muitos turcomanos consideram os turcos como "turcos diluídos": turcos, digamos, que já nom tenhem lá muito de turco (como os "irlandeses" dos E.U. e os irlandeses)

Também há que ter "ovos" (?) para ignorar que o actual partido no governo na Turquia (islamistas "moderados") obtivo o verão passado esmagadoras maiorias em eleiçons democráticas e limpas nas províncias curdas. Esse é o apoio que os curdos da Turquia dam ao PKK.

Há que ter ainda mais "ovos" (?) para ignorar a complexidade do que a prensa ocidental chama curdos: uns musulmans, outros alevitas. Uns de língua curda, outros zazakis, outros turco-falantes... E isto só olhando de longe. Uma micro-análise ainda calaria a boca a mais de um. Alguns curdos imperialistas querem fazer do zazaki um dialecto do curdo...

O PKK (e similares) nom som mais que o produto de nacionalismos de via estreita assimilados por emigrantes da Anatólia nos baixos fundos da Alemanha. Nom é casualidade que muitos deles se sintam mais cómodos a falar turco do que curdo... E o que a ferro mata, a ferro morre.

A cousa tem tomate.

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: