Un comandante e un tenente envían cartas a un xornal coruñés para mostrarlle apoio ao seu superior.
A semana pasada sóubose que o comandante militar da Coruña e Lugo, o coronel Lorenzo Fernández Navarro de los Paños y Álvarez de Miranda, está arrestado por ter elaborado un informe interno no que criticaba abertamente a Lei da Memoria Histórica. A vicepresidencia do goberno español, Teresa Fernández de la Vega, aseguraba o pasado venres que os casos de indisciplina no exército eran “aillados”. Como exemplo de man firme, dende o executivo lembraban que se tiña expedientado aos xenerais José Mena e Blas Piñar (fillo do histórico dirixente da ultradereita española) por ter criticado decisións políticas.
Porén, catro días despois das palabras de Fernández de la Vega, o diario La Opinión de A Coruña publica as cartas de dous oficiais do exército que expresan abertamente a súa solidariedade co seu superior sancionado. Un comandante de infantería, José Luís Núñez Torreiro, e un tenente do mesmo corpo militar, José Luis Núñez Astariz, critican no diario o feito de que o arresto teña saído á luz pública e incluso un dos oficiais, Núñez Torreiro, aproveita para bourar na Lei de Memoria Histórica.
Estão crecidos... O caso é que a única "solução" (não final!) que se nos dá é bipartidismo miserento: Ou pEpE ou pEsoE... Mas não são tão parecidos que por vezes, nestas cousas da memória histórica ou do respeito (!!!: apenas respeito!!!) a "las demás lenguas españolas", não se sabe bem quem é quem.
paréceme mal que se tramiten así as novas. o nome dos militares salta a palestra e cada quén publica o que entende motiva a súa parroquia, pero para nada temos os cidadáns forma de coñecer o escrito de este prócer " de la milicia sobre la que se sustenta el artículo ocho de la constitución ". nada debemos temer, salvo as palabras?
,,Un comandante de infantería, José Luís Núñez Torreiro, e un tenente do mesmo corpo militar,José Luis Núñez Astariz, critican no diario o feito de que o arresto teña saído á luz pública"
Cal é o medo q teñen, q a sua paupérrima imaxe se deteriore ainda mais?
Andas a dicir barbaridades e esperan q lle digan amén-amén como os do PP?
Que casualidade que sexa "La Opinión" da Coruña quen lles dea voz, un xornal de extrema dereita dando voz a uns indeseábeis que xa tiñan que estar fóra do exército.
Pido á respetuosa "La Opinión" que tamén poña as opinións dos que non comulgamos con rodas de muíño de lixo xornalístico e de militares golpistas.
E agora criticarán que os seus nomes tamén saian á luz pública.
Alguén máis? Vaian facendo cola a ver se depuramos o exército.
Que fai esta xente cun arma na man?
É tempo de ilegalizar ao PP por non condear e facer apoloxia do terrorismo franquista.
Pobriño, un nome tan longo pra unha mente tan curtiña. Dito isto, é lóxico que os militares non apoien certas cousas coma a Lei da Memoria Histórica porque a meirande parte deles veñen do franquismo, o raro sería o contrario, non?.