O ministro principal escocés basea a súa seguridade no sentimento nacional dos seus compatriotas. Ademais, considera que os países pequenos funcionan mellor.
Nunha entrevista concedida ao diario vasco El Correo Digital, o ministro principal de Escocia, o nacionalista Alex Salmond, amósase "absolutamente convencido" de que os escoceses van votar a prol da independencia.
Basea a súa afirmación en argumentos históricos, culturais e de idioma, mais sobre todo no sentimento nacional. "O 85% da xente se sente escocesa antes que británica", afirma.
Ademais, Salmond defende que o países pequenos funcionan mellor: "Os máis entusiastas defensores da UE son os pequenos estados, que ven o beneficio de contar con ese enfoque confederal para viviren xuntos. Coido que a UE é mellor tendo vintecinco países ca seis".
Independencia sen violencia
Preguntado pola independencia de Cosova, sinala: "Fóra da cuestión xeral de que a xente ten dereito á autodeterminación, non hai grandes semellanzas. (...) De buscarmos comparacións internacionais, hai paralelismos máis exactos con Irlanda".
"Vale a pena lembrar que o debate sobre o autogoberno escocés existe dende hai un cento de anos, que o SNP (Partido Nacionalista Escocés) se fundou como forza política hai oitenta e que, en todo este tempo, nin unha soa persoa perdeu a súa vida por argumentar en prol ou en contra do autogoberno ou da independencia", salienta Salmond.
Sí, claro, algún día...en un futuro...los nacionalistas siempre con la misma matraca...pero de momento, Escocia es Británica y bien Británica.
Claro, tan británica que ten un presidente nacionalista. Por sorte, para os escoceses, o británico éche un estado ben máis democrático ca o español. Por sorte para os escoceses a sua vontade politica será respetada e non hai ruido de sables de pailáns tardofascistas cando se fala do seu derito a recibir. Por sorte para todos os paises da Grande Bretaña ao longo da sua historia houbo reforma relixiosa, parlamentarismo e un maior recoñecemento dos feitos diferenciais do que no estado español. Escocia será livre e un exemplo de tolerancia progreso e madurez para toda Europa.
E logo Gaviotero non é nacionalista? Dun estado-nación que comprende varias nacionalidades. O pobre ten un cacao mental...
Gran Bretaña é unha illa, e Irlanda outra, claro. O estado-nación chamado Reino Unida abrangue, como é ben sabido, as dúas illas. Escocia fora Reino independente ata principios do 18, cunha longa e gloriosa historia. Penso que, ó igual ca El-Rei d'España e mutatis mutandis, a Raíña Isabel titúlase oficiosamente Raíña de Escocia e Inglaterra, etc., etc. Escocia ten o seu parlamento, un sistema legal distinto e uns güisquis que nin Dios. Tanto o Salmond como o bo de Sean Connery vaticinan independencia dentro de poucos anos. A ver se dunha vez nos desfacemos dos nefastos estados-nación, e creamos unha Europa dos povos, ou ben, das nacionalidades históricas, que ven sendo a mesma cousa. E güísquis máis baratos para os nativos, xa que os ingleses han chupar todo o petróleo antes de librarse de Escocia!
Vou me poñer de inmediato a pucha, que as gaivotas xa se sabe...
Home si, Escocia é británica e sempre o será, xa que está situada no norte da illa de Gran Bretaña. O que non está claro é que pertenza no futuro ao Reino Unido.