Open Vieiros

Vieiros

Vieiros de meu Perfil


RSS de
XERAIS08

Atrancos dos 'populares' ao debate entre Touriño, Quintana e Feijoo

Os nacionalistas cren que os conservadores están a buscar “excusas” para que non se celebre.

Redacción - 12:20 25/02/2008
Tags: debate TVG

O debate entre Emilio Pérez Touriño, Anxo Quintana e Alberto Núñez Feijoo previsto para o vindeiro mércores pode quedar en nada. Nunha primeira reunión para ultimar os preparativos, os representantes populares (Ana Peón, Diego Calvo e Alfonso Rueda) rexeitaron a posibilidade de que o debate teña lugar no Hotel San Francisco de Santiago (escenario habitual de actos do PSdeG). Os conservadores tampouco están conformes coa proposta de que o xornalista Alfonso Hermida modere o debate, á vez que prefiren que a emisión sexa en diferido. Fontes da CRTVG que cita El País advertiron que xa non hai tempo material para cambiar de lugar, á vez que mostraron o seu malestar polo veto do PPdeG a Alfonso Hermida. Dende o ente público sinalan que “o debate será en San Francisco ou non será” xa que non hai tempo material para cambiar o escenario.

Pola súa parte, os nacionalistas están dispostos a acudir ao debate. Fontes desta organización sinaláronlle a Vieiros que “o PPdeG está nunha actitude de dicir non a todo”. No BNG consideran que os conservadores non teñen nada claro que o debate favoreza os seus intereses: “Por un lado, a Feijoo interésalle como oposición que é, pero pola outra eles seguen unha estratexia que busca que haxa unha baixa participación, que é a mellor maneira que teñen para vencer no estado”. Esta tarde, os representantes dos tres partidos volverán ter unha reunión con membros do CRTVG para intentar que se desbloquee a situación.

O que semella que irá adiante é o debate desta noite entre Rodríguez Zapatero e Mariano Rajoy (pódeno ver a través da TVG, ás 21.55 horas). O voceiro do BNG, Anxo Quintana, aproveitou un acto en Bueu para criticar un debate no que augurou que “non se falará unha palabra de Galiza”. O nacionalista preguntou en voz alta: “Imos ver ese debate como papanatas?”


4,8/5 (5 votos)


Comentarios (5)

Tino #1 25/Febreiro/2008 Tino

Os do PPdG teñen medo escénico, non se saben moven diante das cámaras pq non saben explicar os seu proxecto, de feito non teñen proxecto (talvez unha guía: enriquecerse o antes posíbel antes de q os votantes se dean conta e sair correndo, como Aznar para os EUA).

Teñen o medo de q Quintana lles retruque como llo fixo ao Rueda no útlimo debata de TvG:
-Sr Quintana, ainda q non lle guste a expresión, vde pouco lle sacou ao Zapatero cando baixou os pantalóns.
-Non me parece mal a expresión sr Rueda, e ademais creo q é unha actividade q vde pratica con frecuencia...

Xa lle gustaria ao resto dos partidos ter un crack como o Quintana!

luimipi #2 25/Febreiro/2008 luimipi

está claro que teñen medo...

Que pena!

O que rexeita ir a debatir, ten pouco de "demócrata", pq é non atreverse a discutir á cara cos rivais, e mostrarlle á xente o que segundo el fan os demais.

Pero sabe que se está nun debate con Quintana, este púleo, pero por moito, levaría máis malleira que a que levou pizarro o outro dia.

BonKarallan #3 25/Febreiro/2008 BonKarallan

Se non queren ir alá eles, pero eu creo que Quintana e Touriño poden enfrontarse entre eles, xa que á fin e ao cabo non son amigos nin foron xuntos á mesma escola.

Outra cousa ben distinta é que sexan compañeiros de viaxe, pero é porque lles convén a ambos.

Atlantico #4 25/Febreiro/2008 Atlantico

Eu ainda lembro cando decian que Feijoo tiña capacidade dialectica ou que era bo nos debates, puro marketing para manter un tipo na poltrona do PP catro anos, ata que chegue Rajoy fracasado, de candidato a Xunta.

jujolor #5 25/Febreiro/2008 jujolor

os do PP de E que din que son de G, teñen medo a debatir xa que todos os argumentos que teñen son se sosteñen, eles soamente saben dicir non que cando lles toca falar diante doutros que saben o que den recuan non vaia ser que lles collan con pe "cambiao"


sempre en galiza

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: