Open Vieiros

Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Galego.org

Xestionado por Vieiros
RSS de Galego.org
O 'maellano', 'fragatino' ou 'chapurreau'

O catalán da Faixa Aragonesa, aínda sen recoñecemento legal

Segundo un estudo, a lingua catalá goza de boa saúde en Aragón, pero aínda non conseguiu que os seus dereitos lingüísticos fosen recoñecidos.

Redacción - 09:50 26/02/2008

A lingua catalá da Faixa goza de boa saúde, o seu emprego é bastante estábel, mais os dereitos lingüísticos dos seus falantes non son recoñecidos pola lei. A esta conclusión chegou o sociólogo Natxo Sorolla tras analizar o último Estudo Sociolingüístico da Faixa, feito en 2003 polos gobernos catalán e aragonés.

La Franja de Ponent, o Aragón oriental
Segundo o estudo de Sorolla, presentado este domingo nunha Xornada sobre Transgresión Cívica en Barcelona, máis do 90 por cento dos habitantes da Faixa (La Franja) falan habitualmente catalán, "a meirande porcentaxe de todos os territorios de fala catalá". Pola contra, só o 30 por cento é quen de escribilo.

En canto ao emprego do catalán, é maior no ámbito familiar, pero vaise reducindo no ámbito público, como nos comercios, no banco ou no médico, e o 20 por cento emprégao para se dirixir aos descoñecidos.

Ante estes datos, Sorolla considera que "hai un coñecemento oral moi amplo, pero o escrito está máis limitado. O seu emprego está bastante xeneralizado e a súa transmisión de pais a fillos está estabilizada e mesmo vai a máis. É dicir, hai máis fillos de familias castelanfalantes que acaban por falar en catalán que á inversa".

Catalán, maellano ou chapurreau?

O sociólogo Natxo Sorolla tamén sinala que o 20 por cento se refire á lingua que fala como catalán; un 35 emprega palabras coma fragatino ou maellano; e un 44 por cento usa o termo pexorativo ou despectivo de chapurreau, aínda que ao parecer de Sorolla, "esta última porcentaxe vai diminuíndo".


Ligazóns

4,43/5 (7 votos)


Comentarios (11)

Tino #1 26/Febreiro/2008 Tino

As consecuencias do ,,café para todos": miles de persoas q falan unha lingua pero non saben escribila pq están dentro dun territorio afín á coroa.

LOIS_DE_SILAN #2 26/Febreiro/2008 LOIS_DE_SILAN

"...,mais os dereitos lingüísticos dos seus falantes non son recoñecidos pola lei."

A Lei de leis sí que recoñece eses dereitos (arts. 3, 9 e 14 CE), outra cousa é que a Constitución sexa sistematicamente violada polas castas dominadoras en materia de dereitos lingüísticos: nesta materia aínda seguimos no estado de malicia (castelanismo) cando deberamos estar xa no estado de dereito.

Con todo, semella que a Comunidade Lingüística Catalá non sente na Faixa o autoodio (alteroamor!) da galega na Galiza. Sentimento este que estorba o respecto e garantía dos dereitos lingüísticos na Galiza.

galeguzo #3 26/Febreiro/2008 galeguzo

Em Vilaweb têm o contacto de Guillem Chacón, ambientalista e activista do catalão na Franja de Ponent. Acho que a sua experiência dava para uma boa entrevista, sobretudo em contraposição do que acontece no relacionamento galego com o Eu-Návia.

Gaviotero #4 26/Febreiro/2008 Gaviotero

Vayaaaaaaaaaaaaaaaaaa...ya faltaba el expansionismo propio de todos los nacionalismos totalitarios. Y el catalán no iba a ser menos.

En Aragón NO se habla catalán y los aragoneses de la Franja son los primeros en reafirmar continuamente su aragonesismo. Y casi mejor no les preguntéis por los catalanes, porque vuestros oídos probablemente no estén preparados para ellos.

El aragonés, directamente, no existe.

pampeiro #5 26/Febreiro/2008 pampeiro

Longa vida ó Maellano !!!

galeguzo #6 27/Febreiro/2008 galeguzo

#4 E tu és um iletrado. O presidente aragonês, Marcelino Iglesias, é filho de uma ARAGONESA de língua CATALÃ. Iglesias sempre defendeu que no Aragão também se fala catalão, se bem nunca deu passos a sério para conseguir a oficialidade deste idioma.

O que digam os falantes É O DE MENOS, porque existe algo chamado CIÊNCIA (neste caso, Filologia). Eu posso dizer que sou capaz de voar, mas a ciência asinha se ocupa de me desmentir :D

Fer #7 27/Febreiro/2008 Fer

Gaviofriki, mira se o aragonês nom existe:
http://www.charrando.com/
http://www.academiadelaragones...
http://www.consello.org/

luimipi #8 27/Febreiro/2008 luimipi

non o vai mirar pq é asi de cabezón!. el é o posuidor da "verdade" e todo o resto do mundo está equivocado...o castelán é a lingua Santa, a boa, a única q é decente...que non fixo mal a ninguén, e que entrou na galiza "po-las boas", a non, perdón, que nin entrou na galiza, que "é propia" da galiza....

pfffff

Gaviota burra...

luimipi #9 27/Febreiro/2008 luimipi

TROLLS FORA!!!!!

arinspunk #10 27/Febreiro/2008 arinspunk

Nom é um Troll, é um BOT

luimipi #11 27/Febreiro/2008 luimipi

sexa o q sexa, FORA.

Sempre se teñen q aceptar opinións de todo tipo...pero o deste, non é opinar!.

Moderador, por favor, bota fora a este...q xa leva ANOS tocando as pelotas a todos, gratis!. cando nos nas súas páxinas (de xente coma el), non podemos case nin saudar!!!.

Troll, fora!.

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: