O rexedor popular réstalle importancia aos feitos e considera que foi unha "gamberrada". Mentres, a Garda Civil investiga a composición do explosivo.
Un artefacto de escasa potencia, posíbelmente un petardo, estoupou ás once e media deste luns debaixo do vehículo do alcalde de Boborás, Cipriano Caamaño Castro (PPdeG). A explosión produciu escasos danos materiais. Aínda que o rexedor lle quitou importancia aos feitos, cualificándoos de "gamberrada", a Garda Civil está a investigar as causas dos feitos e a composición do explosivo.
A que lle chaman escasos danos materiais?:
Rompéronselle os cristais do coche?,
picóuselle unha roda?
manchóuselle o coche de terra?
rebentoulle o pantalón ao agacharse a mirar debaixo do coche?
Eu creo que se é un petardo non debería ser noticia. Se o que estalou é un globo ou unha bolsa de plástico, entón xa é outro cantar.
Nestes casos de existir a mínima posbilidade de relacionar o feito com algum conocido do primo... dalgum independentista já estariam todos os médios de des-informação falando de atentado terrorista, de assadinato frustrado, ou de intento de tomada do poder mundial.
Em qualquer outro caso trata-se de uma gamberrada, ou de uma "chiquilhada".
Será que no democrático estado espanhol existem diferentes formas de interpretar e aplicar a legislção dependendo de quem for o sujeito??
Não não o creio.