Despois dos atrasos no rescate dos mariñeiros do Cordero, a rotura dun cabo impediu traer con vida un garda civil.
O helicóptero 'Helimer Galicia'
A hipótese de que existen fallos no Servizo de Salvamento Marítimo chegou ao Parlamento. Despois de que se cuestionase o funcionamento do Helimer Galicia no momento do rescate dos náufragos do Cordero, o pasado 15 de xaneiro, agora unha pregunta parlamentaria afirma que o helicóptero viu paralizada a operación de rescate dun membro do Servizo Marítimo da Garda Civil por mor da rotura do cabo do guindastre.
Se o mes pasado se constatou que o Helimer tardou 42 minutos en saír desde que recibira o aviso de auxilio do Cordero, o día 23, o corte dun cabo impediu que se puidese recoller con vida un membro da Garda Civil que á súa vez participaba nunha operación de rescate no mar. Aínda que nun primeiro momento o axente estaba vivo, o atraso impediu que se puidese recuperar san e salvo.
O parlamentario nacionalista Bieito Lobeira preguntou en comisión sobre a morte do garda civil e sobre a actuación do Helimer Galicia, que "está a ser cuestionada, non no referente á profesionalidade dos seus tripulantes mais si por unha serie de fallos como os detectados en actuacións como o sinistro do Cordero”. O deputado pediu información sobre a operación de rescate e sobre o estado do helicóptero, ademais de se a Consellaría de Pesca prevé abrir algunha investigación.
Nun prazo duhn mes, dou fallos en intres decisivos do mesmo helicoptero.INTOLERABLE, VERGONZOSO.
E agora ,como antes, a pasarse a pelota uns a outros.A Conselleria de Pesca, ca inutil da Conselleira a cabeza,os do BNG con Bieto. !Dios!, !non chega xa!, !xa esta ben!. ¿Canta xente mais tera que morrer para arreglar a puñetera grua?,¿que é ou son os encargados do mantemento do puñetero Helimer?, ¿que son os responsables (administracions e politicos) de que pase esto?.
!Xa estamos fartos!, a xente do mar estamos a pagar coa nosa vida e os reponsables a seguir vivindo do cuento.
Así que Bieito e o BNG teñen a mesma responsabilidade que os que xestionan ese helicóptero, e só por pedir explicacións... País!
Sabrexo, hai q comprender a raiba q ten algunha xente q vive do mar, chega a confundir de quen son as responsabilidades... por certo, por q non llas piden tamén á Igrexa, por q deus non está con eles? ...En fin.
O q está claro é q as investigacións non lle van devolver a vida aos mortos, mentres a conselleira agacha a cabeza e bota culpas fóra.
parece ser que o equipo que emprega habitualmente helimer galicia, un sikorsky, estaba de revisión en noruega cando aconteceu o asunto do cordero. por elo foi enviado, co xa tristemente famoso retraso tan farfulleiramente explicado na comisión por toda esta caterva de malnacidos que nos goberna, un helicóptero de menor entidade, o dauphin n II, ferramenta glosada como óptima polos membros da clase política con responsabilidades no caso, pero rexeitada polos técnicos consultados por tódalas fontes que fun capaz de contrastar. inclusive o propio sepla critica o uso de esta aeronave ( que prestaba servizo no asunto prestige para a xunta como pesca1 e pesca2 e que foron trocados logo da experiencia co petroleiro polos sikorsky s 61 n ), que a pesares de ter maior autonomía, nin ten o aplomo do aparato norteaméricano nin a capacidade de voo estacionario automático, necesario para eliminar manobras no momento das operacións de salvamento, da mesma forma que o referido sindicato ten criticado os horarios e a conformación e formación dos equipos que helicsa, propietaria das aeronaves e concesionaria, ten contratados co ministerio de fomento a trevés da sociedade estatal salvamento marítimo.
ahora é o guindastre averiado ( recordemos que estes equipos acaban de revisarse na gran parada efectuada en noruega ) o que causa a morte de outra persoa, tal e como acontecera xa en agosto do 97 cando outros dous mariñeiros morreron nunha operación de rescate do rei alvárez II e non puderon ser izados por outra avería na grúa ( daquela falábase que era a primeira vez que se tiña constancia dun fallo semellante ) nin conseguiron chegar a balsa na que o salvamar touriñan topou a dous supervivintes do palangreiro e o rescatador que estaba encargado de izalos o sikorsky.
por suposto nadie é responsable. sonche as cousas do mar, diría algún. pero eu creoq ue son máis ben as cousas da terra, as cousas dunh administración alonxada en despachos da sía cidadanía e dun ministerio ( ou de varios ) que non queren saber nada de delegar as responsabilidades do salvamento en galicia e queren seguir a manexar o cotarro dende madrí.
non quixera pensar que, quizais, o concesionario do servizo, helicsa, non é competente tal e como afirman algunhas voces e que esta concesión está avalada pola amistade de anos que une a eduardo saavedra co mesmo rei xan carlos, pero esta negativa a descentralizar da capital do estado, que creo que non ten costas por ningún lado, este tipo de servizos públicos, tráenos a mente outros casos e irregularidades penosas cás que esta ineficaz casta directiva ten castigado a este pobo de choiva e calma o que soio concitan para votar e pagar impostos.