Vieiros

No lombo do Atlántico
Vieiros de meu Perfil


Fwwwrando

RSS de Fwwwrando
OS ROBOTS VOLTARÁN NO 2013 MELLOR EQUIPADOS

A auga de Marte é demasiado salgada para albergar a vida

Aínda que a súa tarefa sexa cada vez máis difícil, os investigadores de "microbios marcianos" non dixeron a súa última palabra

Redacción - 18:34 25/02/2008
Tags: Marte Nasa vida
Cráter Victoria (fonte: Wikipedia)

Cráter Victoria (fonte: Wikipedia)

Os descubrimentos recentes efectuados por Opportunity, un dos dous robots exploradores da NASA, pudieron arruinar toda esperanza de atopar un día rastros de vida fósil sobre o planeta vermello. A culpa parece ser a mala calidade das augas marcianas, explicou, na conferencia anual da Asociación americana para o desenvolvemento da ciencia (AAAS), que se celebrou estes últimos días en Boston (os Estados Unidos), Andrew Knoll, un biólogo membro do equipo científico que supervisa os dous robots.

En efecto, se se sabe que había auga en abundancia en Marte hai 4 mil millóns de anos, parece que tiña un ph demasiado ácido e sobre todo elevadas concentracións en minerais (en particular, en sulfatos) demasiado para permitirlles aos microorganismos desenvolverse e sobrevivir.

Nova misión
As rocas sedimentarias que Opportunity analiza desde hai meses dentro do cráter Victoria, no chan de Meridiani, revelan que "a auga é salgada de máis" para permitir a vida, declarou Andrew Knoll. Dado que estas rochas son abundantes en Marte, a procura dos primeiros rastros de vida extraterrestre, para a cal o planeta vermello veciño parecía ser un bo candidato, parece cada vez máis difícil. No 2013, os Europeos prevén lanzar o seu futuro robot ExoMars, que se equipará cunha máquina capaz de tomar mostras de rocha ata unha profundidade de dous metros.


5/5 (3 votos)


Comentarios (4)

outrolector #1 25/Febreiro/2008 outrolector

...ten sal de máis ou é demasiado salgada, non *salada

lavesedo #2 29/Febreiro/2008 lavesedo

...e marte é vermello, non *bermello

BonKarallan #3 29/Febreiro/2008 BonKarallan

Eu creo que esta noticia pona, para ver quen atopa os erros. Porque a lingua que é libre ten erros, e a lingua que non é libre ten ferros.

O día que atopen aos marcianos vanse a rir de está noticia.

currican #4 3/Marzo/2008 currican

son rochas, non rocas ;-)

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: