O Texas estadounidense tamén bate a súa marca, ao rozar os 102. Por outra banda, o euro volve subir con respecto ao dólar.
Coincidindo coa suba do petróleo, o euro tamén batiu a súa marca con respecto ao dólar
O prezo do barril de Brent -o de referencia en Europa- superou esta cuarta feira por primeira vez na historia a cota dos 100 dólares (concretamente, alcanzou os 100,45 dólares) á espera de que se publiquen os datos de reservas semanais en EUA.
En concreto, o barril de Brent Mar do Norte cambiábase ás 10.00 horas por 100,42 dólares no Intercontinental Exchange. O barril de referencia estadounidense, o Texas sweet light adquiríase no Nymex de Nova York por 101,93 dólares tras marcar tamén na mañá desta cuarta feira a marca histórica en 101,98. O pasado 2 de xaneiro, o Texas xa superara a 'barreira psicolóxica' dos 100 euros.
Este martes, o presidente da OPEP, Chakib Khelil, afirmou que non se incrementará a produción, debido a cantidade de gasolina en stock, acumulada ante a habitual caída da demanda pola finalización do inverno no hemisferio Norte e a recesión económica en EUA.
Euro fronte ao dólar
Por outra banda, a cotización da moeda común europea fronte ao 'billete verde' rexistrou tamén esta cuarta feira un novo máximo histórico ao alcanzar un cambio de 1,4982 dólares, fronte á anterior marca de 1,4967 dólares.
Teñén que explicarllo mellor, porque so petroleo sube a 100 dolares, máis este baixa fronte o euro... porque demo, na UE, sube o petroleo... se a factura pagase en dolares.
En todo caso, o prezo, ou manteriase ou baixaria. Mais nunca subiría.
Salvo que a aritmética, a codicia e o prezo politico falle.
Son dous mercados independentes. Estámonos salvando da subida do petróleo, porque este págase en dólares e os dólares estanse deprezando respecto ao euro.
Se antes por cen euros dábannos 149,67$ agora dannos 149,82$ e ata chegaron a darnos 150$ hoxe pola mañán cedo.
É un pouco de lea explicalo, porque antes o cambio expresábase ao revés. Un dólar eran 60 pesetas. E agora un euro son 1,4982$. Se o expresásemos como antes tiñamos que dicir: Un dólar son 0,67€.
O día en que o dólar apréciese ou sexa, o euro se deprece (baixe o cambio euro/dólar), o petróleo se que vai estar caro de collóns e imos ter que coller o coche do neno para ir ao traballo.