A Seguridade Social investiga o caso despois de recibir unha denuncia da CIG, que tamén acudirá aos tribunais.
O de conxugar a vida familiar e laboral queda en moitos casos en papel mollado. Un exemplo témolo na Coruña. Nesta cidade, a CIG acaba de denunciar que a “Estación de Servizo Bens S.L” despediu un empregado por ter solicitado un permiso de paternidade. Segundo a versión do sindicato, os responsábeis da gasolineira non lle recoñeceron ao traballador este dereito e incluso lle negaron a documentación necesaria para tramitar o permiso na Seguridade Social. Logo de disfrutar finalmente de 13 días de suspensión de contrato por paternidade, o empregado atopou a carta de despedimento ao querer reincorporarse ao seu posto laboral.
A CIG denunciou os feitos diante da Seguridade Social, que xa anunciou que vai abrir un expediente, e tamén vai recorrer aos tribunais para que tome cartas no asunto. O sindicato tamén lle pide á Consellaría de Traballo que se implique no caso. Para este xoves, ás 12 horas, delegados concentraranse diante da gasolineira.
vén de= acaba de
vén de denunciar que a “Estación de Servizo Bens S.L” despediu a un empregado
despediu un empregado
SON 50 euros, apuntádemos na conta. Un saúdo
O espírito ,,No os fallaré" desinchouse!
Xa sabedes ónde non ir botar combustible?
Alguén me pode indicar onde ter gasolineiras esta empresa (“Estación de Servizo Bens S.L”) . Agradezo o dato.
Eu xa asocio Bens a cheira que fede.
Quero denunciar un claro caso de discriminación e desigualdade entre o home e a muller. Neste caso por querer beneficiar á muller nacional? discriminase ao neno, que é o prexudicado.
Este caso, que vén hoxe publicado en La Voz de Galicia, deixa sen a axuda de 2.500 € a unha familia, porque a muller é romanesa e aínda non leva dous anos vivindo en España.
http://www.lavozdegalicia.es/c...