Os líderes das tres grandes formacións non saíron do guión previsto, aínda que o nacionalista conseguiu un punto de xiro atribuíndolle a Nunca Máis o cambio da actitude do Estado cara a Galiza.
O primeiro cara a cara televisivo entre Touriño, Quintana e Feijoo marcou dúas posturas case antagónicas. O socialista e o nacionalista conseguiron trasladar unha mensaxe máis compacta, dentro das evidentes diferenzas programáticas, fronte a Núñez Feijoo. Porén, fronte ao xogo a dous que intentaron dende os primeiros momentos Touriño e Feijoo, Quintana logrou introducir matices en clave galega cos que intentou visibilizar "a importancia de contar con forzas propias no Parlamento español".
22.54 horas (finaliza o debate)
Quintana: "Castelao dicía que o auténtico heroísmo é aquel que consiste en convertir as ideas en feitos. A maioría dos galegos quere unha Galiza con máis peso en Madrid, que teña capacidade de decisión. Pido que utilicemos as eleccións do 9 de marzo para cambiar esa idea nun feito. Votemos como galegos. Consigamos que o BNG teña forza decisoria en Madrid. Vai supoñer forza para Galiza, máis respecto e máis benestar para os galegos e para as galegas. Será tamén bo para a democracia e para o progreso"
Touriño: O líder dos socialistas di que Galiza se sinte cómoda "na España plural de Rodríguez Zapatero. Galiza deixou de ser un lastre para estar á fronte do desenvolvemento en España. Agardo que o 9-M sigamos cun goberno de progreso".
Feijoo: (pecha o debate) "Hai un cambio de rumbo, de escenario económico, tanto en España como internacional. Iso significa que temos que facer cambios de goberno, de política, de formas de facer política e ter en conta que Galiza foi esquecida nos últimos 4 anos e ten a posibilidade de ter un galego como presidente de España. Esotu convencido de que esta oprtunidade a imos aproveitar. Temos un partido maioritario, que é o PP. Galiza preséntase cun programa, que é o do PP. Non coñezo o programa do PSOE. Temos que compensar o tamaño mediano de Galiza coa valentía de todos os galegos".
22.51 horas
Derradeira intervención dos tres líderes. Comeza Quintana co seu minuto pactado para pechar o debate.
22.50 horas
Touriño: Sinala que esta é a lexislatura da igualdade de mulleres e homes e das políticas sociais.
Núñez Feijoo: "A mellor lei de igualdade é a que non trata a muller como un número. O PP ten máis mulleres ca homes nas listas". "Queremos facer un Ministerio do Benestar Social".
Quintana: Lembra que Zapatero o chamou para pedirlle apoio a Magdalena Álvarez e que a cambio os nacionalistas pediron que se pagase a débeda histórica en materia social.
22.46 horas
Touriño: "Señor Feijoo, vostedes votaron contra de todas as leis de avance de liberdades e de impulso social". "É unha mágoa que o rigor non se venda nas mercerías, senón traíalle un regaliño". "A Lei de Dependencia é un avance histórico".
Feijoo: bótalle en cara a Touriño que non votara a favor de políticas de dependencia cando o PPdeG gobernaba a Xunta (Touriño acúsao de mentir).
Anxo Quintana: (a Núñez Feijoo) "Deixáronnos unha situación en que Galiza quedou á cola na atención aos nosos maiores". "É necesario crear unha rede de educación infantil como estamos a facer coas Galescolas". "Temos que aprobar en Madrid unha lei de prazos para o aborto". "Esixiremos o 10% dos soldos da dependencia".
22.41 horas (bloque de liberdades públicas e políticas sociais)
Touriño: Comeza falando das pensións de 160 mil galegos. Fai rexouba da paráfrase da nena de Rajoy no debate do luns para dicir que en Galiza tería libros gratuítos e acompañante escolar
Núñez Feijoo: "Señor Touriño, Rajoy non ten nenas, ten nenos". "En Educación, España está nun dos peores niveis da OCDE. En Galiza creouse un problema coa lingua". "Hai que subir as pensións, porque as galegas son as máis baixas do Estado".
Quintana: (sobre a Lei de Dependencia) "As persoas ademais de ter dereitos ten que exercelos, por iso estamos facendo o Sistema Galego de Benestar, ese é o gran traballo que hai que facer. Para iso tamén temos que estar en Madrid. Precisamos do 10% dos fondos porque temos o 7,5% dos dependentes e porque temos unha dispersión xeográfica."
22.35 horas
Núñez Feijoo: (a Touriño) "Vostede ten que decidir se quere pactar coa forza maioritaria ou coa minoritaria". "Eu non quero copiar o estatuto de Cataluña".
Touriño: "Galiza sen reformar o seu Estatuto está avanzando en transferencias e eso é importante".
Quintana: "Aos galegos interésalles ter a competencia en Tráfico e en Salvamento Marítimo porque están convencidos de que dende aquí podemos xestionalas mellor". (a Núñez Feijoo) "Vostede non se compromete a non vetar a transferencia en Madrid". "Só escoita a ese predicador radiofónico que hai en Madrid".
22.32 horas
Feijoo: "O señor Quintana quere un Estatuto de Nación, e vostede (Touriño) e eu quedaramos en que Galiza non era unha nación e ese é o problema". Sinala que os galegos síntense "tan españois coma galegos" e por iso di que é imposíbel que haxa un Estatuto de Nación. Asegura que se houbera un referéndum para decir que Galiza é unha nación e España, non, habería votantes "que nin votarían".
Touriño: (a Núñez Feijoo) "Vostede sabe tan ben coma min que os dous partidos que substentamos o Goberno puxemos enriba da mesa un texto común. O responsábel de non reformar o Estatuto foi Rajoy, porque llo impediron dende Madrid. Falloulle unha vez máis a Galiza". "Este país necesita un Estatuto de primeira e de consenso".
Quintana: Pide que Feijoo aclare se Galiza vai ter un Estatuto coma o catalán. Propón que, sen Estatuto, se reclamen as competencias en Salvamento Marítimo e Tráfico: "Imos votar en Madrid o memso que votar en Galiza? O seudo galeguismo, señor Feijoo, xa non coa".
22.25 horas (bloque de autogoberno)
Feijoo: "O PPdeG é un partido galeguista. Conseguimos a maior cota de autogoberno do país". "Agora hai un parón no autogoberno". "Aínda esperamos un paquete de transferencias do señor Quintana por votar contra a reprobación de Magdalena Álvarez".
Touriño: "Señor Feijoo, as autonomías non son un inimigo. A pluralidade é o mellor elemento de cohesión social. Vostedes propugnan unha España monocorde e nós unha plural". "Se se pode falar en galego na UE é grazas a esa España que defende o PSOE".
Quintana: "Galiza precisa un estatuto de Nación para ocupar o lugar que lle corresponde dentro do Estado Español ao mesmo nivel que Euskadi e Cataluña". "Se non o temos foi porque o señor Feijoo non quixo". "O PP quere levar competencias das CCAA para Madrid".
22.19 horas
Reiniciase o debate. Toma a palabra Núñez Feijoo.
22.12 horas
Faise unha pausa para que os líderes das tres formacións poidan conversar cos seus asesores.
22.11 horas
Feijoo: Saca a relucir a cuestión do TAV. "Señor Touriño dixo que iamos ter a alta velocidade en 2007 e a ver se o temos en 2011"
Quintana: "O BNG non estará satisfeito até que Galiza nivele o seu déficit infraestrutural co Estado, e iso faise con feitos, coa capacidade de decisión da Nación". Sinala que o investimento público comezou a aumentar a raíz das mobilizacións do Prestige (saca unha foto da manifestación de Nunca Máis en Madrid).
Touriño: Afirma que o TAV aínda non está feito porque o PP deixou sen darlle pulo á infraestrutura. O líder socialista di que o goberno estatal ergueu a peaxe de Rande.
22.04 horas (bloque de infraestruturas)
Feijoo: "Tivemos un pacto: aprobamos o Plan Galicia, até que chegou Magdalena Álvarez e se desbaratou todo". "Non hai unha soa travesa do AVE electrificada despois do Plan Galicia". "Fomos os últimos nas autovías e seremos os últimos na alta velocidade".
Quintana: "Señor Feijoo vostedes van de pedichóns cando non gobernan en Madrid. Hai que ser coherentes e dicir o mesmo en Madrid e aquí". O líder do BNG afirma que se se mantén o esforzo inversor Galiza pode salvar o déficit histórico de infraestruturas.
Touriño: "Nos 16 anos que gobernaron Galiza tiveron tempo de tocar o imposto de sucesións". "Galiza está a vivir o mellor momento de creación de infraestruturas da súa historia". (Amosa unha gráfica do crecemento do investimento estatal no noso país). "No ano 2012 todas as cidades estarán unidas polo TAV".
21.58 horas
Quintana: Sinala que a Consellaría de Vivenda está a promover 40 mil vivendas e di que o preciso é que dende Madrid non se interfira nos plans propios de Galiza.
Feijoo: "Nós os tres non necesitamos 400 euros. As nosas propostas son subir as pensións 150 euros ao mes".
Touriño: Fala da necesidade de licitar obra pública e activar o fondo de complemento de pensións de CC.AA tal e como prevé a lei (sucesión de imposto de transmisión e de patrimonio).
21.52 horas (bloque de economía)
Anxo Quintana: "Galiza ten moitas posibilidades de facerlle fronte con éxito a este novo momento económico". "Imos reclamar que se poidan construír buques civís en Navantia?" "Temos que facelo en Madrid".
Feijoo: "Aquí hai unha triple crise de prezos de alimentos, de carburantes e de confianza no Goberno". "Os mozos galegos e as familias teñen moita dificultade para pagar a vivenda".
Touriño: "O tema do debate é se Galiza está máis equilibrada para respostar a esta situación económica". "Señor Feijoo, explíquenos porque España vai ben se traballan 17 millóns de persoas e porque vai mal se traballan 20 millóns". "Preocúpame a súa proposta de rebaixa fiscal".
21.46 horas
Primeiros dous minutos para cada representante (por orde de intervención):
Quintana recoñece que hai motivos para temer un cambio de ciclo económico pero non para facer catastrofismo. Como antídoto fala da necesidade de mimar os sectores produtivos do país, tal como o sector naval, o sector primario e o I+D+i. "É preciso pensar na xente máis humilde, na que pode sufrir máis unha situación adversa". Cre que é preciso ter unha presenza forte en Madrid para afrontar os vindeiros catro anos.
Núñez Feijoo fala do aumento do paro e da suba dos prezos, que lles fan chegar con máis dificultades a fin de mes ás familias. Asegura que Galiza ten unha inflación superior ao Estado. En xeral, presenta unha mala situación da economía. Di que hai que cambiar o equipo económico dun goberno que non tomou en serio a economía.
Touriño subliña que Galiza está a progresar economicamente. Lembra que o país medrou máis ca o Estado. "Se seguimos a este ritmo acadaremos a renda media europea en sete anos".
21.39 horas
Emilio Pérez Touriño abre o debate lembrando as mulleres finadas vítimas da violencia doméstica na última xornada e solicita a sociedade que contribúa a pórlle fin.
Quintana súmase ás condolencias e salienta a satisfacción por estar presente no primeiro debate entre líderes galegos.
Feijoo, ademais, acórdase do garda civil morto esta semana nunha operación de rescate no mar.
21.32 horas
Comeza o debate. Feijoo, Quintana e Touriño -xunto co moderador, o xornalista Afonso Hermida-, ocupan os seus postos. Detrás das cámaras, Afonso Rueda e Xerardo Conde Roa (PPdeG); Teresa Táboas, Alfredo Suárez Canal, Alberte Ansede, María Xosé Bravo e Xoán Antón Pérez Lema (BNG); e Ismael Rego, Ricardo Varela e Xosé Manuel Lage (PSdeG) acompañan os seus líderes.
21.11 horas
Os tres líderes xa están no antigo mosteiro de San Francisco de Compostela. O primeiro en chegar foi o presidente do PPdeG, Alberto Núñez Feijoo, á hora prevista. Posteriormente, ás 20.54 horas, apareceu o secretario xeral do PSdeG, Emilio Pérez Touriño, e tres minutos máis tarde, o voceiro nacional do BNG, Anxo Quintana.
O tráfico da capital provocou que se alterase a orde de chegada prevista: primeiro Feijoo, despois Quintana e, por último, Touriño. Por razóns de seguridade, máis de trinta axentes uniformados vixían as inmediacións do mosteiro e as rúas permanecen cortadas. Os traballadores de Serrabal tentaron achegarse aos tres líderes sen conseguilo.
14.40 horas
Até 24 horas antes mantívose a dúbida de se habería debate. Finalmente, este mércores, a partir das 21.30 horas a TVG oferecerá en directo o primeiro cara a cara entre Emilio Pérez Touriño, Anxo Quintana e Alberto Núñez Feijoo. Os líderes das principais organizacións políticas galegas analizarán o papel de Galiza no Estado co gallo das eleccións xerais do vindeiro 9 de marzo.
En Vieiros estaremos moi pendentes de todo o que suceda. Con nós poderás seguir o debate minuto a minuto, as reaccións dos partidos ao mesmo e unha análise do que aconteza. Agardamos o máis importante: a vosa participación.
Paréceme moi ben, dáse a noticia coma se estes días xa non fósemos durmir esperando nerviosos que chegue ese momento tan interesante.
Mais do debate que houbo entre ZP e Rajoy non houbo ningunha noticia en Vieiros e iso que un dos aspirantes é galego e podería ser un futuro candidato á Xunta de Galiza, aínda que sexa dun partido contrario á filosofía desta web.
Mentres por outra banda infórmannos que Bardem levou un Oscar, un actor de orixe canaria que non é galego. Unha noticia moi interesante, sobre todo para o cine ESPANHOL.
Está quedando en dúbida a calidade informativa.
- Quen é Rajoy?
- Non sei. Un político estranxeiro da extrema dereita, creo.
- E Bardem?
- Ah. Ese é un actor estranxeiro moi coñecido, xa que fixo unha papeleta nunha película rodada en Galiza sobre a eutanasia de Sampedro.
Xustificado, o primeiro non é noticia o segundo sí.
Ula nova de Bardem, Barcelos? Dende logo estes de Vieiros son uns españolistas do carallo.
Si, mais a noticia de Bardem, ula?
Home, eu creo é lóxico que Vieiros cubra o debate. O que me espanta máis é que algúns medios galegos lle dedicaran o triple nas súas páxinas a anunciar o de Rajoy e ZP ca ao de hoxe
sen que deixe de ser interesante un debate entre os pesos pesados dos Partidos en Galiza, eu vería máis lóxico que o debate de Galiza fose entre os que se van a presentar como deputados polas distintas provincias, para que saibamos como son.
Por outra banda, neste anticipo das autonómicas, de que van debater?
De como o está facendo a Xunta ou de como o está facendo ZP?
Vannos a dicir como afecta a Galiza o que gañe ZP ou gañe Rajoy?
O que non vexo lóxico, é nin unha soa noticia do debate Rajoy-ZP, o que nos impide expresar unha opinión, cando aquí se dá unha serie de noticias que interesan a uns poucos e algunhas absurdas.
Paréceme que non hai un criterio serio á hora de seleccionar noticias. Non é nin un criterio nacionalista, nin galeguista. É un criterio caprichoso e ás veces parece absurdo. De aí a miña retranca anterior.
Mira Barcelos, se non che gusta isto, hai outros mundos, outras prensas, outras webs, así que vía e luspiando.
Eu non me vou a perder nin un minuto do debate.
"Alberto" vai quedar pechado.
Eu tampouco me perderei un minuto, máis... habería hoxe debate se, en vez de catro vítimas de terrorismo machista asasinadas foran catro vítimas da ETA?
Seguiría a campaña polo mesmo vieiro? Claro que a violencia machista, nen cambia votos, nen descompón campañas.
Fálase do tratamento das noticias, sí de quen é máis noticia se Rajoy ou se Bardem si...
O tratamento dos medios das mortes e da violencia contra a muller é sumamente perversa. Ou ben ocupa un espazo moi reducido, ou ben se trata cun sensacionalismo tipico de antenatres realmente repugnante.
Vemos páxinas enteiras nos xornais coas penas que lle caen aos etarras ou a "supostos" terroristas comunistas, máis nunca ocupa un oco serio a pena que teñen que pagar estes despreciabeis miserentos.
Hoxe falarannos de cifras no debate.
Verei o que lle dedican a esta cifra,todos eles homes, a este problema de estado.
Todas podemos ser víctimas desta lacra, nen rica, nen pobre, nen lista, nen tonta... máis na man de todas está non selo.
E nada máis...
Dende lopgo o de barden ton nen nome, a min me resbala. O que e uinha ionxustiza e que non nominaran a Tosar pola sua estupenda ionterpretacion en Miami Vice. En canto o debate janou o piopinchaculos
A ver se Quintana aproveita esta oportunidade e lles dá unha boa tunda. Menos papanatismo madrileño e máis conciencia dos problemas galegos. O decorado do debate non me gusta moito, alguén sabe que pode agochar esta estética?
Patético o galego de Touriño, Feijoo e Quintana. Parece mentira. ¿Que lles costará aprender a falalo mais ou menos ben?
Xa non lles pido que alcancen a Beiras, pero polo menos chegar ó nivel de Fraga...
Chama a atención que agora o señor Quintana saque a relocir o papel de Nunca Mais, ben que se desfixeron del e de Burla Negra cando xa non lles interesaba. Pârece que agora interesanlle os seus votos. Vai leirar!!
El socialismo español y el nacionalismo gallego con una misma voz...¡Quién se lo iba a decir a los unos y los otros hace tan solo unos años! Feijóo, una vez más, como la voz de los gallegos.
Xa circula por toda España un SMS coa seguinte mensaxe:
«Se busca a una niña, lleva un bonobús, responde al nombre de Esperanza, va acompañada de un abuelito jubilado de Endesa, se han perdido. Por favor, llamar a sus padres Mariano y José Mari, calle Conferencia Episcopal, 1».
Está mui acertado o comentario de bouza. Tes toda a razón.
Por outra banda, o de Quintana é patético. Xa nin el sabe falar galego (o dixo, o sei). Logo foi importante o baleiro que lle facían: por unha banda Touriño e Feijoo discutindo entre eles e o Quitana nin caso lle facía, mesmo propuxo cousas para que se lle comprometeran en público e non atopou nin referencias. O de Quintana é triste. Doulle a razón a Feijoo cando dixo: como saia Beiras a falar en público, corre para Allariz a meterse debaixo da cama. Canto razón! Hoxe en día, o BNG representando por Quintana é a vergonza do nacioanlismo galego. Este home nin é nacionalista nin é de esquerdas e quen pense que si, pois eles saberán. A min ,avergónzame ser nacionalista e que teña como nacionalista referencial os do Estado español a Quintana. De Feijoo, parece que lle turraron duro polas orellas o franquismo de Rajoy, Acebes e compañía. Que noxo! E Touriño, coma sempre, sen saber falar, e imitando a Zapatero no discurso.
Moi triste o nivel dos políticos, moi triste.
NAZIS NA CORUÑA ESTE VENRES!
ACTO DE PRESENTACIÓN
AES EN LA CORUÑA
El próximo viernes, veintinueve de febrero, los candidatos de AES por la Coruña presentarán nuestra lista y programa en el CEIP Eusebio de la Guarda de La Coruña (Plaza de Pontevedra 21).
El acto tendrá lugar a las veinte horas. En el mismo intervendrán Javier Aguado y José Mª Permuy.
AES-GALICIA(alternativa española)
Coruña, 25 de febrero de 2008
Correcto GalizaEmGalego, o tal Aguado, é un paisano de extrema dereita que apresentou na faculdade de Direito da Coruña un grupo chamado "Galicia 2000" para as eleizóns. Por outra banda, tivo sona unha foto súa sentado cunha bandeira nazi cós ultrasur na antiga grada infantil, nunha visita do real madrid, el que acudia a ver o Deportivo, tivo que mudar de costumes polo seu público apoio ó nazismo e á banda ultra (non estou certo pero coido daquela que recibíu algún meco)
VIDEOS DO DEBATE
Chegada de Quintana.
http://www.youtube.com/watch?v...
ECONOMIA
http://www.youtube.com/watch?v...
http://www.youtube.com/watch?v...
INFRAESTRUCTURAS
http://www.youtube.com/watch?v...
http://www.youtube.com/watch?v...
o mapa de Feijoo e a foto da mani de Nunca Mais en Madrid de Quintana
http://www.youtube.com/watch?v...
AUTOGOVERNO
http://www.youtube.com/watch?v...
ESTATUTO DE GALIZA
http://www.youtube.com/watch?v...
http://www.youtube.com/watch?v...
Brillante Quintana, falando de Galiza e do que deben facer os nosos deputados e deputadas en Madrid. Os representantes das sucursais, manipulando as cifras a ver quen fixo menos cando estivo no poder.
Brillante Quintana, todos o problemas da Galiza reducénse a ter un "goberno amigo" en Madrid, ao que presionar, para tér máis diñeiros para a Cidade da Cultura (proxecto do PP), o AVE (proxecto do PP e o PSOE), Reganosa (proxecto do PP), porto exterior de A Coruña (proxecto do PP), lei de dependencia (proxecto do PSOE), etc.
Soa esta loxica: tér forza para presionar en Madrid. Houbo un presidente da Xunta, de cuxo nome non quero acordarme, que ía a Madrid, e nun día pisaba todos os ministerios, e logo viña con "diñeiro" baixo o brazo (afirmación súa cando o do Prestige: nós levamos diñeiro a Muxia).
Mais os problemas de transporte colectivo e publico, de listas na sanidade (que en Feijoo é demagoxia citalas, pero si existen), de deslocalizacions co silencio do BNG (do PSOE e o PP non falo, porque todos sabemos quenes son), de precariedade, de represion (levamos en poucas semanas, entre imputados e detidos, máis dunha docena, entre eles militantes do BNG como Antolin Alcantara, e o Quintana nin o mencionou).
Brillante Quintana: xa eres un dirixente de que "ten todo o estado na súa cabeza"... mais os traballadores precarios, os estudantes aos que lles van a privatizar a universidade o PSOE coa LOU, as mulleres que moitas leis de igualdade e dependencia que se fagan seguen a morrer a mans dos machistas, dos veciños de Mugardos que aturan Reganosa, etc etc... non os tés na cabeza.
Tes os millons de euros que vas xestionar. Da mesma maneira de Llamazares xa anda "chorando" por un ministerio.
E iso, non é ser de esquerdas... Iso é ser de dereitas.
Por iso, ningun que se chame de esquerdas pode votar o BNG. Non representan a esquerda social... non os teñen na cabeza.