O PPdeG asegura que a institución provincial subvencionou varias obras en cinco concellos lugueses.
Pazo da Deputación
O voceiro adxunto do PPdeG na Deputación de Lugo, José María González Barcia, denunciou esta cuarta feira que o goberno provincial destinou, nos últimos meses, máis de 55 mil euros para o arranxo de camiños e fincas privadas de simpatizantes dos socialistas, en cinco municipios lugueses.
Os cinco concellos sinalados polo PPdeG son gobernados polo PSdeG. Segundo concretou González Barcia, os municipios aos que se refire son Becerreá (cun investimento 2.100 euros); Láncara, (cun investimento de 13.000 euros); Chantada, (6.000 euros); Cervantes, (8.300); e Sarria, (25 mil euros). A meirande parte dos cartos destináronse ao pago de asfalto e "unha pequena parte", segundo verbas de González Barcia, gastouse en material de canteira.
O PPdeG xa tiña denunciado o mesmo en Foz, Viveiro e Pol
O voceiro popular lembrou que o seu partido xa tiña denunciado este emprego "irracional, clientelar e caciquil" dos fondos provinciais noutros concellos gobernados polo PSdeG coma Pol, Viveiro e Foz.
Barcia tamén se queixou da falta de planificación nas obras públicas da Deputación e lamentou que "o único criterio" que se segue para arranxar as vías públicas é o alcalde de Becerreá, Manuel Martínez.
Se París ben vale unha misa, un voto ben vale asfaltar unha eira. ¿Ou que lle iban deixar os do PSOE ós do BNG que as asfaltaran eles?
bueno, ho, era boa...
o meu vecindario, ó completo, ten arranxado eiras e camiños particulares cás cubas de cemento do voces o cás emulsións asfálticas de cortizo lois por conta do excelentísimo concello e da excelentísima deputación provincial respectivamente, ambos organismos controlados de vello por o partido popular.
certo é que no intre en que chantada nova tuvo alcalde ( a mesma persoa que hoxe volve a ocupalo cargo, esta vez nas cadeiras do psoe )acusouse máis ou menos as claras a algún concelleiro de este grupo independente de entregar vales de tubos á conta tamén das arcas municipais pero eu, que estaba cerca de este goberno, nunca acadei nin tubo nin asfalto nin xiquera luz pública.
pola contra sí foron cargadas á conta da deputación as entradas privadas conformadas por tubos e rampas das fincas anexionadas na obra chantada-nogueira e de novo o organismo dirixido polo "defunto" ex delegado de educación francisco cacharro, alias carracha parda na novela do paraguias azul de xosé miranda, tivo a ben cargar con todos eses custes cunha soia excepción: as entradas as miñas propiedades. e non por que esas fincas merecesen un trato especial; non, sinxelamente por que eu non me vendo tan barato como esa tropa acostuma a mercar.
ahora ben, que os erdeiros de esta casta de prevaricadores, de delincuentes, de estafadores, de ladróns nunha sólida e compacta verba, teñan algo que decir dos outros é xa un caso hiperbólico de cinismo.
non poño en dúbida que tanto os da benegá como os do pestoe ( a decires dun bon amigo meu a quen tamén compre reivindicar )teñan aprendido as manobras e se comporten, en moitos casos, de forma análoga os seus antecesores, asunto que nos pon as claras a podremia de toda esta administración zángana á que mantemos con impostos que máis parecen de vasalaxe que outra cousa.
ahora ben, si eses delitos de usurpación e escalo do erario de todos se xulgaran aquí coma na china, o partido popular de galicia tería confinados a meirande parte dos seus cuadros e cuadriños no cárcere á espera do tiro na nuca e non chegaría nin a unión de balaidos e riazor para a execución de tan interesante e estimulante fasto. así que, ollo ó piollo.
Inda van facer bon o caciquismo de cacharro pardo, esto non cambia en esta galicia,
Es que durante años nos intentaron hacer creer que el caciquismo, la corrupción o el populismo eran fruto del fraguismo.
Pero no es así. Es fruto de la política.
Y por eso ahora los bailes con los viejos, el caciquismo, la corrupción y demás vainas siguen funcionando igual, aunque con distintos actores. Precisamente, aquellos que durante años denunciaron a sus predecesores, pues al fin y al cabo lo único que pretendían era heredar sus prebendas.
PD: Antes Suso de Toro denunciaba estas cosas, pero ahora anda muy ocupado haciendo caja con la dictadura cubana...
Boas¡¡¡ Eu son de Pol e o que critican agora os do PP é exactamente o mesmo que facían eles antes. O actual alcalde dixo que a xente contratara a maquinaria da diputación porque estaba alí parada, e que o asfaltado non fora cuestión do concello...EN FIN, tanto ten Xan coma Perikán