Vieiros

No lombo do Atlántico
Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Conflito palestino-israelí

O Exército israelí mata en poucas horas sete persoas en Palestina

Trinta persoas resultaron feridas nun bombardeo en Gaza, onde morreu un bebé. Tamén en Cisxordania, controlada por Al Fatah, dous militantes foron abatidos.

Redacción - 14:15 28/02/2008
Gaza permanece bloqueada dende a chegada de Hamas ao poder

Gaza permanece bloqueada dende a chegada de Hamas ao poder

Un bebé de cinco meses morreu e outras trinta persoas resultaron feridas na noite da cuarta feira nun bombardeo aéreo israelí na franxa de Gaza. Ademais, novas operacións esta quinta feira en Cisxordania e na cidade de Gaza deixaron como resultado dous e catro militantes palestinos mortos, respectivamente, informa o diario israelí Haaretz.

O ataque en Gaza tiña como obxectivo a sede do Ministerio do Interior. O edificio de tres plantas, que estaba baleiro, quedou totalmente destruído. Varias testemuñas relataron que un helicóptero de asalto disparou tres foguetes contra o edificio, situado no nordeste de Gaza.

O ministro de Defensa israelí, Ehud Barak, deu a orde de bombardear a sede da chamada Forza Executiva, creada por Hamas en 2006 e que dirixe os corpos de seguridade en Gaza, despois do lanzamento de varios proxectís de fabricación caseira dende a franxa e que provocaron a morte dun civil.

En Cisxordania, na mañá desta quinta feira, tropas do Exército israelí asasinaron un membro do Comités de Resistencia Popular e outro das Brigadas dos Mártires de Al-Aqsa (grupo vinculado ao partido nacionalista Al Fatah) no campo de refuxiados de Balata, nos arrabaldes de Nablus. Á mesma hora, forzas aéreas israelís abatíana catro militantes de Hamas na Cidade de Gaza.


5/5 (4 votos)

Comentarios (4)

Sabrexo #1 28/Febreiro/2008 Sabrexo

Mataron un neno de cinco meses? Non vai sacar un comunicado a asociación esa pro-goberno israelí?

luimipi #2 28/Febreiro/2008 luimipi

Isto é un XENOCIDIO......

Eu non digo q os Palestinos sexan santos...pero que son as VICTIMAS está clarísimo.

E moita xente nin admite estas cousas....asociaciós pro-xudeas...etc

Como se nota o poder dos xudeos en todo o mundo...sobretodo en EEUU, e o poder de EEUU sobre o resto das potencias...


Que triste.

eu_mesmo #3 28/Febreiro/2008 eu_mesmo

PALESTINA VENCERA!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!

Israel e USA ASASINOS!!

ranciadas #4 29/Febreiro/2008 ranciadas

Valadés, o concelleiro de Neda, o chulo do embaixador israeliano en Madrid, NON DIN NADA?

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: