Open Vieiros

Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Fwwwrando

RSS de Fwwwrando
SEN BENEFICIO PARA PACIENTES

Un estudo pón en dúbida a efectividade de medicamentos antidepresivos

O informe é un dos máis exhaustivos sobre antidepresivos da nova xeración

Redacción - 13:20 28/02/2008

A nova xeración de antidepresivos posúe poucos beneficios clínicos para a maioría dos pacientes, segundo un estudo británico realizado por científicos da Universidade de Hull, no norte de Inglaterra.
Segundo os expertos, as drogas axudan só a un pequeno grupo de pacientes con casos de depresión aguda.
Con todo, as compañías farmacéuticas encargadas de producir os antidepresivos Prozac e Seroxat, dous dos máis comúns no mercado, dixeron estar en desacordo coa investigación científica.

Un portavoz de GlaxoSmithKline, que produce Seroxat, indicou que o estudo só analizou "unha pequena porción da información total dispoñible". Eli Lilly, produtora de Prozac, dixo que "a experiencia científica e médica demostrou que ese medicamento é un antidepresivo efectivo". Os pacientes foron advertidos de que non deixaran de tomar a medicación sen consultar primeiro ao médico.

O equipo da Universidade de Hull, que publicou o seu informe na revista especializada PLoS Medicine, revisou información de 47 probas clínicas.


5/5 (1 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: