Open Vieiros

Vieiros

Vieiros de meu Perfil


GZ-Deportiva

Xestionado por Vieiros
RSS de GZ-Deportiva
Seleccións nacionais de fútbol

A Federación Española autoriza o Cataluña-Arxentina

Hase xogar o vindeiro 24 de maio. O mesmo día tamén xoga a selección valenciana, pero aínda non se sabe contra quen.

Redacción - 10:15 29/02/2008

A Federación Española de Fútbol autorizou esta quinta feira, finalmente, o partido entre Cataluña e Arxentina, que se ha xogar o 24 de maio, seguramente no Camp Nou.

A Federación Catalá xa tiña comunicado en decembro do ano pasado o acordo ao que chegara con Arxentina para disputar este encontro, mais a española non tocou o tema até esta semana. O presidente da federación Catalá, Joan Gaspart, salientou, en conferencia de prensa, que a persoa decisiva para que se podía xogar este partido fora Joan Laporta, o presidente do Barça.

Esta quinta feira tamén se confirmou que a selección valenciana vai xogar o mesmo día, o 24 de maio, mais non se sabe aínda contra que outra selección. Os valencianos non puideron xogar en decembro, como moitas das seleccións nacionais, porque Canal 9 non pagou polos dereitos televisivos.

E Galiza... ha xogar en maio?
Hai semanas correra un ruxerruxe pola rede e en varios medios de comunicación galegos sobre a posibilidade de que Galiza xogase un outro partido este ano, alén do tradicional partido do Nadal. Dábase até unha posíbel data, o 29 de maio.

Pero a cousa non é moi factíbel, e polo menos este ano o partido non se vai xogar. Segundo a Dirección Xeral para o Deporte, xa dende o ano da creación da irmandiña do fútbol campo se tentou facer un partido en primavera e outro no inverno, pero o de primavera sempre coincide coa recta final da liga (en primeira e en segunda, categorías ás que pertencen os clubes nos que xogan os seleccionados por Galiza), e moitos dos equipos néganse a ceder aos seus xogadores, porque non poden prescindir deles xusto no momento no que se xogan os ascensos, os descensos e as permanencias.


5/5 (4 votos)

Comentarios (8)

dumiense #1 29/Febreiro/2008 dumiense

pq non un Galiza-Catalunya?? máis barato, máis simbólico, máis sentimento

jujolor #2 29/Febreiro/2008 jujolor

nom pode ser xa que os do PP de E que nom PP de G "dirian España se rompe"



Sempre en Galiza

Gaviotero #3 29/Febreiro/2008 Gaviotero

Por supuesto, si Cataluña juega en mayo, Galicia tiene que jugar en mayo...Al fin y a al cabo, el nacionalismo gallego no deja de ser una mala copia del catalán.

pampeiro #4 29/Febreiro/2008 pampeiro

Non acado a ver ben,pero paréceme que ese puntiño negro na franxa amarela da bandeira española do amigo Gaviotero é un águia imperial,...Non?

Albert #5 1/Marzo/2008 Albert

E logo Brañas (que fundador do voso partido tiña como guieiro, cando menos de boquilla para obter votos) non fora un dos que máis espertou o sentimento nacional da Catalunya? Por favor #3, infórmate e logo falas.

Obtido da Fudación Alfredo Brañas: "O impacto máis fondo do pensamento e da acción política de Brañas produciuse en Catalunya. O catalanismo viu nel a un dos homes máis importantes para o desenvolvemento do rexionalismo. Pola súa parte, Brañas seguiu moi atento á evolución do rexionalismo catalán e desa observación foron xurdindo documentos e escritos que o líder galego tentaba instaurar en Galicia, como as Bases generales del Regionalismo y su aplicación a Galicia, inspiradas nas Bases de Manresa e outros documentos, pero moito máis matizadas polo xenio organizativo de Brañas. Catalunya seguiuno moi de preto. El Regionalismo (1889) publicouse en Barcelona e tivo alí unha grande audiencia. Os seus discursos foron comentados ou reproducidos por Lo Catalanista, La Renaixensa, La Veu de Catalunya, La Veu de Monserrat e outros xornais catalanistas. Cambó lembra a influencia que sobre el exerceu Brañas con estas palabras: "La emoción más honda de mi vida la he sentido allí (no acto da conferencia pronunciada por Brañas no Pazo do Parque de Barcelona): todo el valor del catalanismo lo he sentido al calor del verbo de aquel Apóstol y desde entonces me incorporé al movimiento catalanista"."

arinspunk #6 1/Marzo/2008 arinspunk

Sinceramente, nom sei como cona há alguém que, a estas alturas, lhe resposta ao Troll.
Haver amig@s, se a ninguém se nos ocorre falar com a máquina do tabaco ou o surtidor da gasolina, por quê falar com um Troll?

Albert #7 1/Marzo/2008 Albert

Síntoo, era unha resposta tan de caixón, que me puideron as gañas :)

galeguzo #8 3/Marzo/2008 galeguzo

«Por supuesto, si Cataluña juega en mayo, Galicia tiene que jugar en mayo...Al fin y a al cabo, el nacionalismo gallego no deja de ser una mala copia del catalán».

Razão não lhe falta a este foreiro. Do mesmo jeito, o nacionalismo espanhol não deixa de ser uma cópia péssima do nacionalismo francês 8-D

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: