Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
A partir de abril, publica o BOE

O recibo da luz terá que especificar a orixe da electricidade consumida

As compañías eléctricas deberán facer constar o impacto ambiental que provoca a súa xeración, tal como emisión de CO2 ou cantidade de residuos.

Redacción - 11:38 29/02/2008
A CNE publicaba a norma a pasada semana

A CNE publicaba a norma a pasada semana

A partir de abril, as compañías eléctricas terán que incluír no recibo da luz unha etiqueta, cun deseño uniforme e oficial, que indique a orixe da electricidade vendida ao consumidor e o impacto ambiental provocado na súa xeración.

Así figura nunha circular da Comisión española da Enerxía (CNE), publicada a pasada semana no Boletín Oficial do Estado (BOE), que lle outorga ao usuario o dereito a coñecer ambos os dous aspectos sobre a electricidade que consume.

Nas novas etiquetas especifícase a orixe da enerxía consumida, as emisións de dióxido de carbono (CO2) que xera, os residuos radioactivos asociados e o seu impacto sobre o ambiente.

As empresas deberán incluír ademais dous gráficos de barras, un de emisións e outro de residuos, ordenados do "A" ao "G", onde a primeira letra represente o mínimo impacto ambiental e a última, o máximo.

Etiqueta estándar

Ademais, a CNE desenvolveu un sistema de garantía mediante o cal os consumidores poderán acreditar ante terceiros que consumen enerxía 'verde'. Esta etiqueta vai permitir a comparación entre provedores.

Coas novas etiquetas, van desaparecer os quilovatios hora (kWh) xenéricos e distinguirase entre quilovatios 'verdes', 'eficientes' e 'convencionais'.


5/5 (1 votos)


Comentarios (3)

ecoe #1 29/Febreiro/2008 ecoe

Ocultan as cifras de consumo kw/h para ese invento "verde e eficiente"? Qué ocultan con iso? Hai enerxía "verde"?

pelacho #2 2/Marzo/2008 pelacho

A fotosíntese?

Loure #3 2/Marzo/2008 Loure

A única enerxía limpa é a que non se consume.
De tódolos xeitos esta información paréceme un avance. Algo é algo.

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: