O retorno de Cosova a mans serbias "é impensable", segundo o goberno irlandés.
A República de Irlanda recoñece oficialmente a independencia de Cosova, segundo anunciou o ministro de Asuntos Exteriores Dermot Ahern.
Tras unha votación no parlamento cun resultado unánime, o ministro declarou, "Sei que a independencia de Cosova e dolorosa para Serbia a difícil de aceptar pero quero sinalar que o noso recoñecemento non e un acto de hostilidade cara a Serbia".
Ahern engadiu que o goberno irlandés espera que Serbia e Cosova poidan avanzar de todos xeitos cara a un "futuro mellor" xuntos. "A realidade é que o legado do conflito dos anos noventa fai o retorno de Cosova a mans serbias impensable", dixo Ahern.
Irlanda únese así ao grupo de países que teñen recoñecido oficialmente a independencia de Cosova, xunto con UK, Francia, Alemaña, Austria e Italia, entre outros.
O Estado español, Romanía, Grecia, Chipre e Eslovaquia, pola súa parte, teñen rexeitado a independencia da República de Cosova.
É o primeiro estado que recoñece a independencia dun xeito correcto e con sensibilidade: nótase que estes saben o que é un proceso de independencia.
Ergue,Cosova! Érguete e anda!/ Coma en Irlanda! Coma en Irlanda!
(Célebre poema de Alfredo Brañas levemente modificado para a ocasión).
Xa verás, pampeiro, xa verás como daquí a uns anos, o asunto Kosovo será unha mancha para aqueles que apoiaron a súa independencia dun xeito tan rápido; nin irlanda nin galiza son Kosovo...
Certo nin Galiza, nin Irlanda son Cósovo (a ver se Vieiros empregan a denominación correcta) porque Galiza e Irlanda son Nacións (con estado ou sen estado) e Cósovo non é unha nación, senón un estado.
É lóxico que Irlanda recoñeza a independencia de Cósovo. Eles aínda non fai 100 anos que pasaron por un proceso similar. Irlanda é un Estado pero só dunha parte da nación irlandesa. Recordemos que Irlanda do Norte segue a pertencer a U.K. E aínda recoñecendo que unha parte da poboación dese territorio non quere ser irlandesa, hai outra parte que si. E ademais hai condados que son integramente "católicos" como Fermanagh, Armagh e incluso Tyrone. REcordemos que o Ulster (contrariamente ao que pensa moita xente) non é integramente de U.K. senón que os condados de Cavan, Monagham e Donegal pertencen ao Ulster e á República de Irlanda. É dicir, Irlanda é unha nación divida en dous Estados.
Galiza é unha nación (moito máis antiga que a suposta nación española) pero sen Estado propio. Simplemente está dominada e colonizada por un Estado alleo que é o español.
Cósovo é un cacho de territorio serbio que por razóns históricas se foi enchendo de poboación allea á serbia e que agora por obra e gracia dos USA reciben como regalo un Estado, non é unha nación nin nada que poida parecérselle. Como se os inmigrantes que hai en Londres un día chegan a ser moitos e piden a independencia do Reino Unido.