A organización suspendida pola Audiencia Nacional pediu que as bases de todos os partidos nacionalistas fagan o mesmo.
A dirixente de ANV, Miren Legorburu, sinalou este venres en Guipuzcoa que a abstención é o único xeito que teñen os cidadáns vascos para axudar “a resolver o conflito”. Legorburu criticou duramente aos anteriores gobernos do PP no Estado Español e tamén ao PSOE, ao que acusou de ter un “talante” parecido. O día anterior, cargos electos da suspendida ANV pedironlle ás bases do PNV, EA, Aralar e NaBai que non acudisen a votar.
Dende Navarra, a organización Nafarroa Bai xa subliñou que respecta o posicionamento de NaBai pero que considera unha “irresponsabilidade non responder nas urnas”, aludindo a un castigo ao PSN por ter apoiado un goberno UPN-PP en Navarra.