A mostra de Sondaxe, de carácter estatal, sinala que os nacionalistas galegos pasarían dun 0,8 a un 1,1% dos sufraxios totais.
O BNG melloraría notabelmente os resultados anteriores
O xornal La Voz de Galicia publica este sábado unha enquisa de carácter estatal de cara as vindeiras eleccións xerais do 9 de marzo. Segundo o estudo da empresa Sondaxe (realizado entre o 21 e o 28 de febreiro), o PSOE sería a forza máis votada cun 43,5% dos sufraxios fronte a un 40% do PP, Izquierda Unida pasaría dun 5 a un 4,6% dos votos. Pola súa parte o BNG, de cumprirse estas previsións, lograría un significativo avance ao pasar dun 0,8% dos votos totais do Estado a un 1,1%. Ademais, a enquisa sinala que os nacionalistas galegos son os únicos do Estado que experimentan unha suba: CIU pasaría dun 3,2 a un 2,7%; ERC dun 2,5 a un 1,7; e PNV de 1,6 a 1,4.
O diario El País tamén oferece este sábado unha enquisa sobre a intención de voto de cara as eleccións andaluzas. Segundo este xornal, Manuel Chaves (PSOE) repetiría maioría absoluta (57-59 deputados), a pesar de perder dous puntos en intención de voto. O PP experimenta unha suba que lle posibilitaría obter entre 41 e 42 deputados. Izquierda Unida pasaría de 6 a 8 parlamentarios e o Partido Andalucista sufriría unha forte caída e só obtería un ou dous deputados.
A enquisa foi feita antes do debate galego, eu aposto por unha subida aínda maior para o BNG!
Por supuesto, Sabrexo, el BNG se llevará más votos que el PP y el PSOE juntos...como siempre...:D
A pesar de que agradaríame que fose certa esta noticia do BNG, teño que recoñecer que lle axuda o feito de que os políticos galegos do PSOE e do PP son unha Mer..de Prestige.
Fraga vai morrer co desgusto do que deixou aquí en Galiza como herdeiros do PP. "PPdeG pouca calidade"
Que o bng suba, e loxico, non goberna nas cidades,na Xunta,vilas,no 2004 non tiña ese poder, polo tanto e moi loxico,pero todo o que non sexa ter grupo propio no Congreso,non e un bon resultado.
Por desgraza, a suba de votos do BNG poucas veces se traduz en melloras tanxibeis.
A aumento deveria ser tal q acadase grupo parlamentar. E para iso é preciso traballar nos entornos, como fai o PP, con convencemento e esixindo ao mesmo tempo (haille q recoñecer ese mérito aos dese partido): se non o conseguen de forma colectiva, convencen de forma individual.
Eu téñoo provado no meu ámbito familiar e deu resultado.