.Os lingüistas consideran que a calidade lingüística do debate entre Touriño, Quintana e Feijoo foi "pobre".
"Non é unha cuestión dos políticos, senón máis ben un reflexo do que se fala por aí adiante, un espello da sociedade". Así se referiu o presidente da Mocidade pola Normalización Lingüística e licenciado en Filoloxía Galega, Fran Rei, ao considerar que o galego "tan pobre" que falan os políticos é "reflexo" de como se utiliza a lingua propia. Esta versión tamén foi corroborada polo catedrático de lingua galega e membro da Real Academia Galega, Francisco Fernández Rei, que precisou que o carácter público dos políticos fai esta condición máis visible. A raíz do debate do mércores no que participaron os tres líderes políticos, Alberto Núñez Feijóo, Emilio Pérez Touriño e Anxo Quintana; Fran Rei considerou que, "en xeral, a morfoloxía, sintaxe, vocabulario e fonética" é pobre. "Deixa bastante que desexar" o galego dos tres líderes desde o punto de vista coidado e culto, aínda que recoñeceu que o líder nacionalista "é o único que o fala de forma espontánea".Respecto diso, o académico galego estendeu as deficiencias do galego oral a outros axentes da vida pública como "locutores de televisión e actores", aos que instou a "escoitar á xente do común" de fala galega para tomar deles "a entonación, a fraseoloxía". Neste sentido, avogou por que, tanto políticos como o resto da sociedade, "busque o equilibrio". "Non se trata de falar unha lingua acartonada e forzada", senón de atopar un termo medio, aseverou. Así mesmo, defendeu que se fale galego, "sen esperar a facelo perfectamente, porque senón sería imposible".
Rexistro coidado
Pola súa banda, Fran Rei criticou o "descoido" dos políticos. "Non abonda con falar galego, hai que facelo nun rexistro culto, coidado", recriminou. E é que "un francés non fala igual na Asemblea da República e no seu barrio", da mesma xeito que non se debería falar igual no Parlamento que nunha romaría ou cando se imparte unha clase", resumiu. "É urxente resolvelo", aseverou. Fernández Rei di que son admisíbeis "certos castelanismos", pero "non colocar mal o pronombre", como percibiu no debate dos tres líderes. "Un galegofalante non coloca mal os pronombres", e criticou que se esquezan de que os seus discursos "soen a galego".
Fallos moi comúns
Segundo Fran Rei, os erros cometidos durante o debate a tres bandas rexistrou "fallos moi comúns" na lingua oral, e por iso é polo que opina que "non só son os políticos os que contan cun galego tan pobre". Deste xeito, cualificou de "vocabulario pobre e restritivo, castelanismos e fonética pouco acertada" a Núñez Feijóo e a Pérez Touriño; mentres que reprobou o uso "pouco coidado" de Quintana, a pesar de que valorou a súa "espontaneidade". Sobre as críticas, Francisco Fernández Rei incidiu en que "son necesarias, pero as construtivas non as destrutivas". "En público ou en privado" todos deberían recibir críticas con afán "de mellorar".
Normal, no siendo ni su lengua habitual ni su lengua materna...
Normal, cuando se trata de una lengua impostada que, encima, nos quieren imponer a los demás.
Normal, siendo el castellano la lengua habitual de los gallegos.
A lingua PRIMEIRA do 70 por cento da populazom deste pais. E tudo isso malia:
-O 90 por cem da publicidade, Tv, radio em castelhano.
-A estigmatizazom e IMPOSIZOM SECULAR do castelhano, que a comezos do seculo XX so falava como primeira lingua O 10%!!!! da populazom galega.
-O poder do aparelho estatal no que Galiza esta inclussa, que mantem como lingua hegemonica a lingua dumha parte desse realme, exactamente a que corresponde ao realme castelhano-andalu.
-O franquismo sociologico tardara tempo em se esvaer...Nom pode ser que neste tempo tenhamos que aturar tantas mentiras como as que ceiva o Gaviotero, que semlha que reduze a historia etno-linguistica de Galiza ao seu Vigu do 2008...Hai que ter moi pouquinha vergonha e moita maldade
Por que dis que o castelhano e a lingua habitual dos galegos?? Em que te baseias?? Cando superou ao galego?? O castelhano e a lingua hegemonica, mais o galego e a MAIORITARIA, malia a sua estigmatizazom...Por que mentes?? Tes algum problema educacional que che fai mentir e insultar umha e outra vez??
Todo iso é verdade, pero paréceme máis lamentable os comunicados de Terra Galega, xa que son desastrosos no eido lingüísticos.
Inda se está a normalizar a lingüa, non fai tanto tempo que comezou o proceso.