A decisión da Xunta Electoral dálle a razón ao PPdeG, que mantén que o ente público non está a ser imparcial nesta campaña.
A Xunta Electoral Central advírtelle á TVG que a cobertura dos comicios ten que seguir unha orde nas información de maior a menor tendo en conta os votos das últimas eleccións. O PPdeG denunciou esta semana ao ente público xa que non estaba conforme co reparto proporcional de apeturas e peches dos bloques informativos. Os conservadores sinalaban que a decisión da TVG era “un incumprimento legal para prexudicar ao PPdeG
Dende o PPdeG manifestaron a súa “preocupación” pola actitude da dirección da CRTVG que “non está actuando con neutralidade e imparcialidade, máis ben como brazo mediático de Touriño”.