O presidente da Asociación pola Defensa da Ría volveu a acusar á Xunta de ter unha actitude de “pasividade intencionada”.
A Asociación pola Defensa da Ría de Pontevedra (APDR) presentou 6.130 alegacións na delegación da Consellaría de Medio Ambiente contra a concesión da Autorización Ambiental Integrada a ENCE. Os membros do colectivo empregaron dez días para recoller a pé de rúa as sinaturas. O seu presidente, Antón Masa, sinaloulle a Europa Press que “é a primeira vez que aprezamos que entre os cidadáns existe unha receptividade tan grande”.
Masa mostrouse moi crítico coa Xunta á que acusou de estar nunha actitude de “pasividade intencionada”. Pero Masa foi máis aló e sinalou que “algunhas consellarías están sometidas aos intereses económicos de Ence