O primeiro ministro israelí asegura que Israel vai continuar a ofensiva contra Gaza, a pesar da condena internacional.
A maior ofensiva de Israel contra territorios palestinos segue adiante. Na mañá deste domingo, o primeiro ministro israelí, Ehud Olmert, subliñou que as operacións militares van continuar e incluso “intensificarse”. As ameazas chegaban poucas horas despois de que o presidente da ONU, Ban Ki Moon, condenase uns ataques a Gaza que deixaron 60 mortos, moitos deles civís. Olmert alega que está defendendo á súa poboación dos ataques das milicias palestinas e asegura que, por iso, "ninguén ten dereito a pontificar sobre Israel"
Pola súa parte, o presidente palestino, mahmud Abbas, decidiu suspender as negociacións de paz abertas con Israel o pasado mes de novembro en Annapolis (EUA) por mor do masacre. O consello de seguridade da ONU mantivo un encontro urxente este sábado pola noite e logo de condenar o acontecido decidiu unha nova reunión para este luns.
Pois Israel e a súa embaixada ben que teñen dereito a meterse até na política galega.
Concordo con Sabrexo. E agora non oñin unha soa voz de condea da AGAI, de Valadés e do concelleiro de Neda? Ou é que os mortos xudeus valen máis cós palestinos. Será iso... E agora que dirá o embaixador israelí en Madrid e a súa secretaria despois de insultar ao BNG e de meterse na po´lítica allea? Ou só pontifican eles?
Que noxo de estado, o sionista.