Vieiros

Vieiros de meu Perfil


RSS de
A UNHA SEMANA DAS ELECCiÓNS

Baile de enquisas: PPdeG 11, PSdeG 10, BNG 2?

La Voz de Galicia, Faro de Vigo e El Correo Gallego oferecen este domingo diferentes enquisas sobre intención de voto.

Redacción - 11:02 02/03/2008

A prensa galega publica este domingo tres enquisas diferentes. La Voz debulla os datos que principiou a dar o sábado. Segundo os datos de Sondaxe, o PPdeG lograría 11 escanos, o PSdeG 10 e o BNG 2. Os socialistas galegos estarían a piques de empatar en votos cos conservadores nas circunscricións electorais da Coruña e Lugo e o PPdeG volvería a ser a forza máis votada en Ourense e Pontevedra. O BNG lograría un notábel aumento de apoios na Coruña e Ourense.

O xornal Faro de Vigo publica unha enquisa da empresa Ipsos, con datos a nivel estatal. Segundo este traballo, o PSOE lograría o 43,4% dos votos, o PP un 38,5. O BNG repetiría os resultados de 2004 (0,8%) o que segundo Ipsos se traduciría en un ou dous parlamentarios.

A enquisa de Anova Multiconsulting para El Correo Gallego, con análise en clave galega, dálle un mellor resultado para os conservadores que obterían 12 deputados, fronte aos 9 do PSdeG e os 2 nacionalistas


4,88/5 (8 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: