Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
ELECCIÓNS PRESIDENCIAIS EN RUSIA

Putin busca unha alta participación que lexitime a Medvedev

Ninguén agarda sorpresas nuns comicios que lle darán a vitoria ao candidato proposto polo actual presidente.

Redacción - 12:30 02/03/2008

Os cidadáns rusos están chamados este domingo a uns comicios presidenciais que se caracterizan pola súa escasa transparencia. Ninguén dubida que o resultado xa é sabido: Dmitri Medvedev será o herdeiro de Vladimir Putin. O até agora presidente preparou todo para deixarlle o poder ao seu protexido e para iso non dubidou, outra volta, en utilizar o seu férro control sobre os medios de comunicación . Porén, Putin quere que este domingo haxa unha alta participación (superior ao 65%) que referende a súa decisión.

As sondaxes dánlle un 72% dos votos a Medvedev, que se enfronta a tres candidatos nada ou pouco belixerantes co Kremlin: o ultra Valdimir Zhirinovski, o descoñecido Andrei Bogdanov e o comunista Gennadi Ziuganov. A oposición liberal máis enfrontada con Putin non conseguiu presentar candidato e líderes como Gary Kasparov cualifica o proceso deste domingo como “unha farsa”.


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: