Open Vieiros

Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Máis Alá

Xestionado por Vieiros
RSS de Máis Alá
CICLO DE CONCERTOS 'CON VOZ PROPIA'

Coco Rosie, Calamaro e Seu Jorge, en Pontevedra

Ademais, entre marzo e xuño actuarán na cidade María de Medeiros, Marlango e Iván Ferreiro

Redacción - 12:39 03/03/2008

Todos os concertos, organizados polo Concello de Pontevedra, terán lugar no Pazo da Cultura, agás o de Andrés Calamaro, que se celebrará no recinto feiral. O recital do artista arxentino pechará o ciclo 'Con voz propia' e espérase unha grande afluencia de público de toda Galiza, pois o de Pontevedra será o único concerto que o artista arxentino ofrecerá no país dentro da súa xira española. Tamén destaca a actuación das neoiorquinas CocoRosie, que o pasado ano publicaron o seu terceiro álbum The Adventures of Ghosthorse and Stillborn, despois do éxito acadado con La maison de mon rêve e Noah's Ark.

Polo Pazo da Cultura tamén pasarán Marlango, o trío liderado por Leonor Watling, o vigués Iván Ferreiro, que este mes publicará o seu terceiro disco en solitario: Mentiroso, Mentiroso, e o brasileiro Seu Jorge, que cun estilo de samba-rock é considerado o sucesor de Caetano Veloso.

O ciclo, que rematará en xuño, comezará o sábado 8 co concerto da actriz portuguesa María de Medeiros, que hai uns meses publicou o seu primeiro traballo discográfico: A little more blue, unha recompilación de cancións de resistencia á ditadura militar brasileira, con versións de Chico Buarque, Caetano Veloso, Gilberto Gil, Ivan Lins ou Dolores Duran.

Programa de concertos
8 de marzo. María de Medeiros. 10-12 euros
5 de abril. Marlango. 16-20 euros
10 de maio. Seu Jorge. 10-12 euros
23 de maio. Iván Ferreiro. 10-12 euros
25 de maio. Coco Rosie. 10-12 euros
7 de xuño. Andrés Calamaro. Prezo por determinar, Recinto Feiral

Coco Rosie, Terrible Angels


5/5 (5 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: