Open Vieiros

Vieiros

Vieiros de meu Perfil


RSS de
ACTO EN POIO

O BNG solicitará no Congreso que se traslade Ence antes de 2018

Olaia Fernández Davila afirma que lle esixirá ao Goberno Central que non renove a concesión.

Redacción - 18:10 03/03/2008

Nun acto político celebrado en Poio, coa papeleira ao fondo, a cabeza de lista do BNG pola provincia de Pontevedra comprometeuse a a esixir o traspaso das competencias na concesión deste tipo de permisos, aínda que a curto prazo fixo fincapé no obxectivo de que o Goberno Central non prolongue a licencia actual. A meta é lograr que o traslado da planta a outra ubicación se realice antes do 2018.

No acto, no que estivo presente o alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores, Fernández Davila lembrou que tanto o concello coma a Xunta están traballando xa na procura dun novo emprezamento para ENCE. Así mesmo, defendeu que nas novas intalacións se manteñan e mesmo se amplíen os postos de traballo, realizando o ciclo completo do papel.

A candidata salientou finalmente a "visión ecoloxista do territorio" do BNG e lembrou que as razóns polas que solitican o traslado de ENCE baséanse "no deterioro medioambiental e dos bancos pesqueiros e marisqueiros que causa".

Ausencia de Quintana
O acto non foi encabezado por Quintana, como estaba previsto, pois "por motivos persoais" debido á enfermidade dun familiar próximo, non puido trasladarse a Poio. Con todo, Quintana sí participará nos vindeiros actos do BNG en Ourense e Lugo.


5/5 (2 votos)


Comentarios (2)

ecoe #1 4/Marzo/2008 ecoe
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Agora, despois da misa, xa poden facer ouvidos xordos pois xa "solicitaron" o comprometido. Así tamén "prometo eu, ho.

Garrano #2 4/Marzo/2008 Garrano
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Agardo que ese "traslado" sexa para algún lugar ben lonxe de Galiza. Se o BNG contribúe à perpetuación do grande eucaliptal levando as celulosas para outro emprazamento galego, que se esqueza do meu apoio. Preferirei entón votar partidiños residuais.

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: