Open Vieiros

Vieiros

Vieiros de meu Perfil


RSS de
Entregarase na mesa electoral

O voto, tamén por correo

Case 44.000 galegos presentaron xa as solicitudes para poder votar por correo. O prazo para enviar os sufraxios está aberto até o 5 de marzo.

Redacción - 19:00 03/03/2008
Tags: correos voto
Flickr: Click s

Flickr: Click s

Son moitos os galegos que non poderán acudir a votar aos seus respectivos colexios electorais, mais tampouco queren faltar á súa cita coas urnas. Preto de 44.000 persoas exercerán o seu dereito a voto a través do servizo postal. Os interesados disporán de prazo até o vindeiro 5 de marzo para facer efectivo o sufraxio tras recibiren as peticións de voto das delegacións provinciais da Oficina do Censo Electoral remitidas por Correos.

Galiza sitúase no sexto posto a nivel estatal na entrega de solicitudes, detrás de Andalucía, Madrid, Castela e León, Cataluña e a Comunidade Valenciana. En total, Correos admitiu máis de 770.000 solicitudes, das cales se entregaron xa máis de 722.000 ás delegacións provinciais da Oficina do Censo Electoral.

Unha vez recibidos as papeletas, os interesados deberán entregar o sobre pechado nunha oficina de Correos, e unha vez alí será cursado como certificado urxente e custodiado até o día da votación, cando se entregará na mesa electoral correspondente.

Propaganda electoral

Segundo datos facilitados por Correos, a entidade postal distribuíu nas últimas semanas preto de 34 millóns de tarxetas censuais aos cidadáns que poderán votar o vindeiro 9 de marzo. Tamén se repartiron máis de 141 millóns de envíos de propaganda electoral e dos diferentes partidos.


0/5 (0 votos)


Comentarios (2)

ecoe #1 3/Marzo/2008 ecoe
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Tamén estamos quenes, algunhas poucas persoas, o solicitamos por correo e nolo quedamos na casa, para que ninguén diga que "pasamos".

LOIS_DE_SILAN #2 3/Marzo/2008 LOIS_DE_SILAN
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

E deses 34 millóns de cartóns censuais, deses 141 millóns de envíos de propaganda electoral e desas 770.000 solicitudes de documentación para o voto por correo as dirixidas ó electorado galego están en bilingüe con imposición indebida dunha lingua allea, com imposición contraria ó artigo 14 CE do castelán.

Imposición de lingua allea que non se lle fai ó electorado de Castela, como é ben sabido.

E os cultos e sensíbeis defensores do galego na Galiza que din ou fan ó respecto?

Presentan campañas de denuncia da discriminación lingüística perante a Oficina do Censo Electoral?, perante da Administración Electoral?, perante dos partidos e demais formacións concorrentes ás eleccións?

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: