Open Vieiros

Vieiros

Vieiros de meu Perfil


GZ-Deportiva

Xestionado por Vieiros
RSS de GZ-Deportiva
No I Memorial Tito Villar

Partidazo para o 20 de marzo: Galiza-Cataluña

Enfrontaranse na Coruña as mellores xogadoras da selección galega e da catalá, lembrando a un dos maiores promotores do balonmán feminino no noso país.

Redacción - 12:00 04/03/2008

Tito Villar Pispieiro é coñecido por ser a alma do balonmán feminino en Galiza. Dende o seu falecemento, en decembro de 2006, moito se tiña falado da creación dun torneo anual (ademais de un pavillón e un complexo deportivo co seu nome) que lle servise de homenaxe. Agora, dous anos despois chega o I Memorial Tito Villar, que se ha desenvolver na cidade da Coruña o vindeiro 20 de marzo.

Os dous equipos hanse enfrontar na pista de San Francisco Javier, nun partido amistoso que organiza o Balonmano Coruña (clube ao que Villar adestrou durante décadas) e a Federación Galega de Balonmán.

A selección galega absoluta feminina xogou por primeira vez, ás ordes de Irene Vilaboa, a carón da masculina, en setembro de 2006 no Porriño, fronte a Túnez.


5/5 (6 votos)


Comentarios (3)

Gaviotero #1 6/Marzo/2008 Gaviotero
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

A ver si con suerte va a alguien a verlo...¡jajaja!

Breogham #2 6/Marzo/2008 Breogham
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Para Gaviotero: Se queres quedamos citados alí. Estaría encantado de te conhecer. Venha, dime si ves e como te reconhecerei!

pilineira #3 14/Marzo/2008 pilineira
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Imos a estar con Tito toda a sua familia do balonman, non vaias Gaviotero, nos vas ter sitio nas bancadas.

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: