Open Vieiros

Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
ESTUDO DA CIG

Mulleres na escola: mestras si, directoras non

Dous de cada tres profesores son mulleres, pero máis da metade dos centros educativos están dirixidos por homes

Redacción - 14:15 04/03/2008

O Secretario Nacional da CIG-Ensino, Anxo Louzao e a Secretaria da Muller da CIG, Dores Fernández, presentaron as conclusións dun estudo sobre a participación das mulleres na dirección dos centros educativos, facendo unha comparativa entre o número de mulleres docentes e o número destas mulleres que ocupan as ditas direccións. En concreti, dous terzos do profesorado non universitario galego son mulleres, unha proporción que é superior no ensino infantil e primario (77%). Porén, o 54% dos centros ten como director a un home.

Estas porcentaxes son aínda máis rechamantes se contabilizamos por separado os centros de Ensino Infantil e Primario e Centros Públicos Integrados (son o 77% e ocupan o 51% das direccións) e o resto das ensinanzas (son o 64% e ocupan o 38% das direccións).

A CIG-Ensino dirixiuse á Consellaría de Educación para solicitarlle a aplicación da Lei do traballo en Igualdade e para pedirlle que, ademais, dea un paso adiante na negociación dun Plan de Igualdade propio. Finalmente, piden a convocatoria dunha Comisión de igualdade de xénero, onde as organizacións sindicais con representación no ensino público poidamos participar na elaboración das diferentes fases previas á elaboración do mencionado plan.


5/5 (2 votos)


Comentarios (2)

ecoe #1 4/Marzo/2008 ecoe

E logo hai, mesmo algunhas, que se prezan de igualdade de xénero.

E si pasamos por ex. ás conserveiras? Á Universidade?
Qué porcentaxes hai de "tropa" e de dirección?

Estaría ben facer unha listaxe de profesións discriminadas polo sexo/xénero: a traballo igoal, salario diferenciado (por sexo).

xachevale #2 5/Marzo/2008 xachevale

E se aplicamos o mesmo sistema para a presenza da muller na CIG?. Presentade a porcentaxe de afiliadas e afiliados de CIGensino e ha dar resultados parecidos ós de Educación con respecto ós que ostentan cargos de responsabilidade. En case trinta anos de existencia aínda non vin nunca unha muller de secretaria xeral.
Hai que ser coherentes e dar exemplo antes de exixir que outros cumpran a Lei de igualdade, neste caso, de proporcionalidade.

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: