Open Vieiros

Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
II PREMIOS DÍA DA CLASE OBREIRA GALEGA

A CIG premia á Federación da Construción de Pontevedra e á mestra Xosefa Baamonde

O sindicato recoñece con estes galardóns as mobilizacións da construción e a unha das primeiras docentes expedientadas por defender o ensino en galego.

Redacción - 18:30 04/03/2008
Tags: CIG premios

Máis de 200 persoas asistiron á entrega da segunda edición dos Premios do Día da Clase Obreira Galega, que organiza a Confederación Intersindical Galega (CIG). No acto, que tivo lugar no decurso dun xantar no Hotel Porta do Camiño de Compostela, o sindicato nacionalista premiou aos traballadores da construción da provincia de Pontevedra, polas loitas laborais que posibilitaron un novo convenio. Mais tamén houbo unha mención especial para Xosefa Baamonde, mestra expedientada en 1981 por defender o dereito a dar todas as clases en galego.

O secretario xeral da CIG, Suso Seixo, foi o encargado de entregar os galardóns e de dirixirse aos convidados. Seixo lembrou que nas últimas eleccións “conseguimos ser a segunda forza”. Asegurou que están a só tres puntos da UXT en Galiza: “e o máis importante é que o conseguimos sen renunciar aos nosos principios de clase e de forza nacionalista”.

Seixo subliñou que “nós non dependemos do poder político ou do económico, algo que é case inédito no Estado. Iso dános unha liberdade sindical que posibilita que o noso proxecto sindical estea tan vivo”. O dirixente da CIG non aforrou críticas á política lingüística da Xunta cando lle entregou o premio a Xosefa Baamonde, á vez que fixo votos para que a lingua siga a ser unha “prioridade irrenunciábel” para a CIG.


5/5 (12 votos)


Comentarios (3)

Tavia #1 4/Marzo/2008 Tavia

Apoio totalmente a decisom da CIG, e especiais parabéns a Pepa Bahamonde. Um prémio merecidíssimo.

arale #2 5/Marzo/2008 arale

Xosefa Baamonde, mil grazas e parabéns.

FROUXEIRA #3 7/Marzo/2008 FROUXEIRA

Noraboa Pepa xa era hora de que alguén te lembrase e che fixera unha homenaxe.
Coido que ainda deberías recebir máis parabéns pola túa loita a prol do galego e de Galiza.
Xa hai tempo que pasache ao libro histórico de Galiza.

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: