O secretario xeral do PSdeG, Emilio Pérez Touriño, considera que Rajoy iniciou este luns a súa "despedida como político".
Seica en Galiza hai algún tipo de problema na atención dos dereitos dos castelán-falantes, en opinión do líder do PP. Mariano Rajoy, quen xa sorprendera durante a súa cita televisiva diante do líder do PSOE na noite do luns con teimudas argumentacións lingüísticas, recuperou a porfía este martes no acto electoral que o PP celebrou en Vigo.
Así, falou Rajoy da presunta necesidade dunha "paz lingüística" e dixo sentirse "tan galego como español". A continuación pediu "liberdade" para que os país decidan nese aspecto sobre a educación dos fillos, argumentando que "ninguén ten dereito a inmiscirse no máis sagrado que ten unha persoa que son os seus fillos". De seguido, preguntouse se "hai algún lugar do mundo en que un pai ou unha nai non poida levar ao seu fillo a un colexio no que lle ensinen na súa lingua natal". En parecida posición, as alusións ao tema da lingua foron realizadas tamén polo presidente do PPdeG, Alberto Núñez Feijoo, pola ex alcaldesa de Vigo, Corina Porro e pola cabeza de lista por Pontevedra, Ana Pastor. No caso desta última, mesmo arengou aos asistentes ao berro de "Galicia bilingüe", en alusión ao colectivo que se veu mobilizando nos últimos meses en contra da lei de normalización lingüística e contra o decreto sobre o galego no ensino.
Ademais, Mariano Rajoy subliñou tamén o seu proxecto para reformar a Lei Electoral co obxectivo de evitar gobernos de coalición, estabelecendo que sexa a lista máis votada a que goberne. En alusión ao maior número de votos do PP en Vigo, que non puido acceder ao goberno local polo pacto de PSOE e BNG, opinou que "iso non se pode aceptar en democracia". O outro eixo do seu discurso foi a recuperación unha vez máis da defensa do Plan Galicia, que asegurou recuperará se chega á Moncloa.
Touriño destaca o compromiso "coa Galiza interior"
A vontade de afondar no "reequilibrio territorial", foi un dos argumentos destacados no mitin deste martes en Melide polo secretario xeral do PSdeG, Emilio Pérez Touriño. O socialista asegurou que tanto el como Zapatero non descansarán ata lograr "unha Galiza plena de igualdade vivan onde vivan os cidadáns". Ao respecto falou do Plande reequilibrio deseñado pola Xunta, con máis de 2.600 millóns de euros de investimento previstos e dentro do cal se inclúe a autovía Santiago-Lugo, que pasa por este municipio coruñés. Ademais, tamén citou a lei de desenvolvemento rural sostíbel do goberno español e advertiu de que Galiza necesita "agricultura, gandaría, monte coidado, coidar e protexer o medio rural que é a base do país e dun medio e unha economía sostíbel".
Touriño opinou que Mariano Rajoy iniciou este luns a súa despedida como político e dixo considerar que o popular "vai perder amplamente". Advertiu o líder dos socialistas galegos de que os cidadáns non esqueceron as accións de "Aznar, Acebes, Zaplana e Rajoy", e recordou ao respecto os milleiros de voluntarios que colaboraron nas tarefas de limpeza do fuel do Prestige, e os que hai catro anos pedían "a verdade" tras o atentado do 11-M.
Quintana recupera o "Nunca Máis"
"O único progresismo que queda é colocar un BNG forte en Madrid", afirmou o voceiro nacional do BNG, Anxo Quintana, durante a súa intervención nun mitin en Ourense. "Que acto máis xusto e igualitario que Galiza supere os anos de maltrato que padeceu", dixo, nun discurso onde deu por feito que o PP sairá perdedor dos comicios do 9M. De paso, referiuse outra vez ao debate da noite do luns enter Rajoy e Zapatero e criticou que tendesen "á crispación e o insulto" e que non falasen de Galiza. De paso, avisou de que o bipartidismo, ademais de "empobrecedor para a democracia, anula a Galiza". "Por iso queren agora que o BNG non estea presente", lembrou en alusión á proposta do presidente do PPdeG, Alberto Núñez Feijóo, dun próximo debate onde só estean representantes do PPdeG e do PSdeG.
Doutra banda, o cabeza de lista do BNG pola provincia de Ourense, Iago Tabarés, criticou especialmente á candidata principal do PSOE por Ourense, a ministra Elena Espinosa, reprochándolle que non vaia ir este mércores ao debate que na Galega terán os números un de cada circunscrición. "Valente xeito de entender a democracia", apuntou. Tabarés insistiu en que isto é un exemplo de que o BNG é "a única garantía" de escoller representantes que van traballar durante os próximos catro anos en favor de Ourense.
Non se esperaba menos deses tres. Tres inididuos que nunca falaron unha soa palabra en galego.E se o fixeron foi mal falado e para pedir o voto, coma e o caso de Feijoo.
Casualidade que ataquen o galego en Vigo e non en Ourense?. Dobre discurso do PP, un galeguista nas aldeas e provincias interiores e outro "españolista" en cidades coma Vigo e A Coruña?.
Fala Rajoy de liberdade, el que quere IMPOÑERLLE os inmigrantes o estudo do castelan e o respeto das tradicions españolas.
Donde estaba a liberdade linguistica durante 16 anos de fraguisno?.
O PP esta empeñado en converter a Galiza nunha prolongacion de Castela, e por tanto en rematar coa nosa lingua e identidade. E de paso futuro, pois un pobo que renega do seu e un pobo sen futuro, que non ten nada que ofrecer o mundo.
E moitos do que veñen a Galiza o que mais aprecian e a nosa riqueza cultural, de non ser por ela, igual lles daba o mesmo vacacionar en Asturias ou Leon.
Nos temos que defender o propio, o castelan que o defendan os castelans. E e unha lastima que lideres politicos galegos non so non defendan a nosa lingua, senon que a desprecien e a metan na confrontacion politica (casualmente sempre que eles non gobernan).
E ainda teñen a caradura de chamarse galeguistas?: Os que non falan galego e vetan un estatuto galego de primeira.
Non morren de vergoña porque non a coñecen.
Como se pode ser tan malnacido? Tan renegado?
É-me incomprensível comprobar como persoas nacidas na Galiza renegan dela sen pudor.
E hai galegos de seu que a pesares de todo, votaranos...
O mellor de todo e ver como sacan a máscara. Esa máscara chamada GB que promulgaba un 50% para cada unha das linguas. Xa sabiamos que era mentira. O que pretenden e aniquilar a nosa lingua, a nosa cultura e a nosa identidade, homoxeneizarnos con Castela.
Compre concienciar á cidadanía do perigo que estamos a correr. A dereita españolista máis rancia quere voltar o reloxio aos vellos tempos. Queren retrotraernos ao pasado máis escuro que eu, probe de min, xa pensara esquecido.
Temos que defender a Galiza e concienciar ás novas xeracións (de galegos, que non do pp).
Como se nota que estes do PP non tiveron que emigrar a Suiza onde os nenos son educados na lingua do Kanton e non na dos seus pais, no caso de que éstes non sexan orixinarios dese Kanton.
Esperemos que as enquisas acerten e que o PP teñan que pasar catro anos máis na oposición. Iso fará reflexionar a máis de un acerca desta estratexia ultraespañolista.
Se eu fora pepero e demócrata e estivera no mitin de Vigo e escoitara que o PP ten o "proxecto para reformar a Lei Electoral co obxectivo de evitar gobernos de coalición, estabelecendo que sexa a lista máis votada a que goberne" non me quedaría máis remedio que liscar a fume de carozo dun mitin antidemócrata. Como se pode dicir iso, sen sentir vergoña? Como non se vai poder pactar, unha das bases da democracia? Pactaron eles en Canarias? Sinceramente, dame mooooooita vergoña, máis que polos fascistas eses (Frijolito, Raj-oil, Porro e Pastor) polos simpaticentes que foron capaces de aplaudir tales afirmacións noxentas e denunciables.
Simpatizantes quería dicir, non *simpaticentes. De paso aproveito que o discurso galegófobo do PP non me preocupa o máis mínimo, creo que sería pior pra eles, se alguén no PP tivera collóns igual habería escisión (dubídoo). Ademais, de gañar Raj-oil as xerais (dubídoo) e emprender o proxecto anti-galego (catalán e euskera) puidera ser que xurdíramos outra vez, con voz forte, dicindo o que somos e o que non imos deixar de ser.
Por umha vez quero fazer constar a minha concordáncia com o senhor registador da propriedade e os seus companheiros: demonstram a sua coerência. Longe ficam os tempos em que aprovavam a lei de normalizaçom e o antigo ministro de Franco falava galego para inglês ver (melhor seria dizer escuitar)
Non esquezamos que se gaña, Raxoi falará galego na intimidade. Esta dereita cavernaria non ten a máis mínima vergonza. Aínda que me encantaría ver a baixada de pantalóns diante dos cataláns, que espectáculo! voume sacrificar e confiar en que, sen a miña axuda, as esquisas non se equivoquen e gañen os menos peores.
www.blogoteca.com/en_galego
que siga asi o señor ese aver até onde chega....saudos
O problema do discurso e actitudes galegoexterminadoras do PP non está no que din e fan senón no que CALAN E OMITEN os que se consideran amantes e defensores da lingua e cultura galegas!
A señora Ana Pastor, que se ten declarado orgullosa de ser zamorana, debían preocuparlle máis os dereitos dos galegofalantes na súa provincia, máis desprotexidos aínda que en Galiza.
Cómpre lembrar a teima dos españoleiros contra o noso idioma."Hable bien.Sea patriota.No sea bárbaro"(ano 1945)."Contra la jerigonza pailana.No a la lengua de las bestias.No al cáncer rústico"(1987).E agora estes de Galicia Bilingüe dando a vara.Acabo de escoitar na tv a un tal Pons (do PP de Valencia) que di que mentres el teña o poder o catalán non entrará en Valencia.O seu idioma non é o castelán,senón o fascismo.
Se os ve venir...todo lo que no sea defender el punto de vista nacionalista en relación al gallego, es estar en contra del gallego.
En ese caso, me siento orgulloso de decir que yo estoy en tal caso en contra del fascismo. O sea, en contra del gallego impuesto.
Moito alimentan a base social do nacionalismo galego si seguen por ese rumbo. Seguro que rectificarán axiña.
Despois de escoitar declaracións como as de onte na TVE1 do candidato do PP dicindo que mentres eles gobernasen en Valencia o catalán non entraría. Caín na conta no verdadeiro eslogan da campaña deste partido.
Eles din con cabeza e corazón, pero se nos fixamos ben descubriremos o que agocha este engano.
Abonda con mudar a última sílaba e o resultado é CON CABEZÓN E CORAZA.
Cabezón e coiraza ese é o estilo do PP.