Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Venezuela

Edición xestionada por Xurxo Martínez Crespo
RSS de Venezuela
NUNHA NOTA ENVIADA Á AXENCIA ESTATAL DE NOTICIAS VENEZUELANA

As Farc nomean a Joaquín Gómez sustituto de Raúl Reyes

Nun comunicado á Agencia Bolivariana de Prensa (ABP) dado a coñecer hoxe, as Fuerzas Armadas Revolucionarias de Colombia-Ejército del Pueblo (Farc-Ep), anuncian que Milton de Jesús Toncel, máis coñecido como "Joaquín Gómez", sucederá a "Raúl Reyes" como membro pleno do Secretariado do Estado Maior Central desta organización. Gómez é o actual comandante do chamado Bloque Sur, e será a substitución de "Reyes", morto durante o ataque armado de tropas colombianas en territorio ecuatoriano o pasado sábado.

Xurxo Martínez Crespo - 11:45 05/03/2008

Marzo 4 de 2008

Comunicado:

1. Informamos ao pobo colombiano e á opinión internacional, que morreu o comandante Raúl Reyes, revolucionario integral e exemplar, que entregou toda a súa vida á causa dos explotados, a liberación nacional e a Patria Grande que soñou Bolívar. Rendemos honras para el e para os outros 15 guerrilleiros caídos ao seu carón.

2. O comandante, caeu cumprindo a misión de concretar a través do presidente Chávez, unha entrevista co presidente Sarkozy, onde se avanzase na procura de solucións á situación de Ingrid Betancourt e ao obxectivo do intercambio humanitario.

3. A alevosía do ataque, a perversidade e o cinismo mentireiro de Álvaro Uribe para deformar as circunstancias da morte do comandante Raúl, non só tensan perigosamente as relacións deste goberno coas repúblicas irmás, senón que golpearon de gravidade as posibilidades do Intercambio Humanitario e anularon a saída política ao conflito con este réxime paramilitarizado e pro ianqui.

4. Aos presidentes Hugo Chávez, Nicolás Sarkozy, Rafael Correa, Daniel Ortega, Cristina Fernández, Evo Morales e a todos os gobernos amigos da paz, aos familiares dos prisioneiros e a esa inmensa maioría que apoia o Intercambio Humanitario alentámolos a continuar loitando polo despexe de Florida e Pradera.

5. A causa da paz cimentada na xustiza social pola que o comandante Raúl Reyes ofrendou a súa vida, segue ondeando no máis alto das montañas de Colombia, na Plataforma Bolivariana, o Plan Estratéxico das FARC e na vontade inquebrantábel de loita dos guerrilleiros e do pobo en todo o país. A Raúl recordarémolo sempre con profundo agarimo, destacándose nel a súa firmeza revolucionaria, a súa perseveranza, o seu tesón e eficacia para dar a coñecer ante a comunidade internacional a realidade das FARC como exército Revolucionario e, a súa enteireza para dinamizar a estratexia bolivariana de unidade continental.

6. Informamos que o comandante Joaquín Gómez ingresa a partir da data como membro pleno do Secretariado do Estado Maior Central.

Honra e Gloria eterna para o comandante Raúl Reyes.

Pola Nova Colombia, a Patria Grande e o Socialismo: Nin un paso atrás!

Secretariado do Estado Maior Central das FARC-EP

Montañas de Colombia, marzo 2 de 2008.


2,6/5 (5 votos)