A proposta dos ultranacionalistas do Partido Radical conta co apoio do primeiro ministro, Vojislav Kostunica, e coa oposición do presidente, Boris Tadic.
Kostunica apoia a resolución
Case con toda probabilidade, o parlamento de Serbia aprobará nuns días unha resolución para solicitarlle ao goberno do país que rompa todas as relacións diplomáticas coa Unión Europea até que rectifique o seu apoio a independencia de Cosova.
O proxecto, remitido polos ultranacionalistas do Partido Radical este martes, conta co apoio da formación do primeiro ministro, Vojislav Kostunica, (DSS) e mais do Partido Socialista, o que significaría o respaldo de 144 deputados dunha asemblea de 250.
Nun comunicado, Kostunica chamou esta semana á unidade nacional: "Pídovos a todos que digades claramente que Serbia vai ir a UE só coa súa Cosova". Pola súa banda, o Partido Democrático (DS) do presidente serbio, Boris Tadic, está "categoricamente en contra" da proposta, segundo un voceiro da formación.
Resolución
"Nós, representantes do pobo serbio, advertímoslle á UE que só unha única e non unha fragmentada Serbia pode e quere negociar a integración europea", estabelece a resolución, que engade: "O Parlamento exíxelle á UE que recoñeza de xeito claro e inequívoco que a integridade do territorio serbio é unha condición para retomarmos as conversas sobre a asociación de Serbia coa UE".
O curioso do asunto é que a proposta da UE, no seu limiar, indica que Kosovo se ha rexer pola resolucion 1244 da ONU; a proposta está aínda en riba da mesa e fóralles presentada aos serbios o 7 de febreiro. Kustunica negouse a asinala; de o facer, varios países da UE estarían a incumprir o asinado ao recoñecer a independencia de Kosovo.
Tadić, do DS, quere asinar o documento, porque de xeito implicito a UE estaría a recoñer a resolución 1244 da ONU nas relacións con Serbia. Kostunica non, porque sabe que só unha unión cos fascista [chamémolos polo que son] do Partido Radical vaille permitira ficar no poder.
Serbia vai camiño dun conflito civil moi, moi serio. Dicir que son "os representantes do pobo serbio" debe ser entendido como os representantes da maioría serbia de Serbia.
Por certo, curiosidades históricas: hai cen anos (1908) os medios de comunicación falaban dun curioso conflito nos Balcáns: Austria-Hungría anexionaba Bosnia-Hercegovina. 6 anos despois, o asasinato do herdeiro ao trono na súa primeira visita oficial á provincia austríaca desencadeaba a I Guerra Mundial. É só unha "curiosa" coincidencia ou quizais unha "terríbel" premonición?
O certo é que a UE fodeuna e ben fodida neste asunto.
O titular segue na liña de moitos dos anteriores: sensacionalismo.
Serbia non vai aprobar unha resolución contra a integración na UE, Serbia vai aprobar unha resolución contra as condicións do acordo de estabilidade para o comezo das negociacións para o acceso na UE. Cando nos pasados anos a UE suspendeu o proceso de achegamento de Serbia principalmente por non colaborar co Tribunal d'A Haia, os titulares non eran: A UE en contra da integración de Serbia.
É que o titular dá unha información do tipo: "O parlamento galego aproba unha resolución para non se constituír no estado número 52 dos EUA"